Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica,[1] aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía.[2] Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.

Mapa cos países BRICS, en verde escuro:
Brasil, Rusia Rusia, India India, China e Sudáfrica Suráfrica.Países convidados en verde claro.

Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.

Reunións da cúpula dos BRICS editar

 
Líderes dos países BRIC en 2008.
Cúpula Participantes Data País anfitrión Líder anfitrión Localización
BRIC 16 de xuño de 2009   Rusia Dmitrii Medvedev Ekaterimburgo
BRIC 15 de abril de 2010   Brasil Luiz Inácio Lula da Silva Brasilia
BRICS 14 de abril de 2011   China Hu Jintao Sanya
BRICS 29 de marzo de 2012   India Manmohan Singh Nova Deli
BRICS 26 de marzo de 2013   Suráfrica Jacob Zuma Durban
BRICS 15 de xullo de 2014   Brasil Dilma Rousseff Fortaleza
BRICS 9 de xullo de 2015   Rusia Vladimir Putin Ufa
BRICS 16 de outubro de 2016   India Narendra Modi Goa
BRICS 5 de setembro de 2017   China Xi Jinping Xiamen
10ª BRICS 26 de xullo de 2018   Suráfrica Cyril Ramaphosa Xohanesburgo
11ª BRICS 13 e 14 de novembro de 2019   Brasil Jair Bolsonaro Brasilia
12ª BRICS 17 de novembro de 2020   Rusia Vladimir Putin San Petersburgo (virtual)
13ª BRICS 9 de setembro de 2021   India Narendra Modi Nova Deli (virtual)
14ª BRICS 23 e 24 de xuño de 2022   China Xi Jinping Pequín (virtual)
15ª BRICS 22 e 24 de agosto de 2023   Suráfrica Cyril Ramaphosa Xohanesburgo

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar