BD Banda é un colectivo galego que ten por obxecto a promoción e difusión da banda deseñada en Galiza. O colectivo formouse en torno ao ano 2001 ao redor da revista homónima.

Historia editar

A revista nace no ano 2001 a partir da iniciativa do debuxante Kiko da Silva e de Cano Paz,[1] encargado da Libraría Paz de Pontevedra.[2] O seu obxectivo era, segundo se pode ler na súa páxina web: crear un medio no que os autores galegos puidesen publicar cunhas boas condicións gráficas e de maquetación uns traballos que daquela carecían de canles para chegar ó público.[3] O 17 de maio aparece en Pontevedra o primeiro número cunha tiraxe de 1000 exemplares de 90 páxinas.

O éxito acadado polo primeiro número leva ao concello de Pontevedra a apoiar economicamente o proxecto e apoiando a realización das primeiras xornadas de BD da cidade coordinadas polos propios Kiko e Cano. Pouco despois os membros do estudio de deseño gráfico ourensán O Clube da Esquina (Héitor Real e Miguel Anjo Carvalho, antigos Comisarios) intégranse no proxecto. Xa cara ao terceiro número convócase unha reunión en Ourense coa finalidade de crear un Consello de Redacción na que alén dos mencionados participan en maior ou menor grao Xermán Hermida,[1] Francisco Paradelo, Miguel Porto, David Rubín e Miguel Anxo Robledo.

Na actualidade o núcleo do colectivo compóñeno Kiko, Cano, Héitor, Carvalho, Paco Paredelo e Germám, e procuran converterse no medio de expresión e plataforma de lanzamento dos autores de banda deseñada do país, permitindo que os seus traballos cheguen a un público cada vez máis amplo.[3]. O colectivo tamén se lanzou nos últimos anos á edición coa Colección BD Banda, cuxos primeiros tres números se publicaron en coedición coa editorial Kalandraka, mais logo da creación do selo Faktoría K de Libros por parte da editorial en 2005 o colectivo pasa a ser o que xestione esta colección dentro da editora. O colectivo sostén na súa páxina web que os seus obxectivos pasan por: continuar publicando obras de calidade, que axuden a difundir a novena arte e que permitan desenvolver o xénero en Galiza. É tamén a nosa intención conseguir que as obras estranxeiras sexan coñecidas polo público no noso propio idioma.De igual xeito, sinalar que pretendemos que as edicións en castelán dos álbums editados baixo a nosa responsabilidade se distribúan unicamente fóra do noso país. Tentando ao mesmo tempo que: a revista seguirá a ser un proxecto propio do noso colectivo, con total independencia económica e creativa, ao igual que aqueloutros proxectos de difusión e dignificación da banda deseñada en xeral e galega en particular que abordaremos nun futuro achegado.[4]

Premios editar

Publicacións editar

  • Seis números da revista BD Banda
  • Catro números da Colección Bd Banda de álbums a toda cor e con tapa dura:
  • Fiz nos Biosbardos de Kiko Dasilva
  • Thom de Andrés Meixide (tamén editado en español)
  • Tito Longueirón, deportista de Pinto & Chinto
  • Astro, valente explorador de Javier Olivares
  • Detectives Audaces de Beroy (tamén editado en español)
  • Vilaverzas de Miguel Robledo (tamén editado en español)
  • Albume cos traballos premiados no I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra
  • Edición dun gravado numerado e asinado para agasallar do número 1
  • Edición dunha postal de felicitación de Nadal ilustrada por Miguelanxo Prado
  • Páxina web bdbanda.com
  • Camisetas BD Banda (con deseño de Kiko da Silva)

Xornadas editar

  • Organización das I Xornadas BD Banda-Concello de Pontevedra (As xornadas incluíron obradoiros de banda deseñada, presentacións, exposicións e mesas redondas. Desenvolvéronse no Pazo de Mugártegui en decembro de 2002 con presenza da práctica totalidade de autores galegos do momento.)
  • Colaboración na organización das Xornadas Compostela BD (2004)
  • Colaboración na organización das Xornadas de BD Concello de Pontevedra (2005)
  • Colaboración na organización da Festa da Lingua de Pontevedra 2005

Actos públicos editar

Certames editar

  • Convocatoria do I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra
  • Convocatoria do I Certame de BD por Internet BD Banda-culturagalega.org

Exposicións editar

  • Mostra monográfica sobre a revista en Viñetas desde o Atlántico (2005). Tamén vista no:
  • Saló del Còmic de Barcelona
  • Saló del Còmic de Cornellà
  • Semana do Humor de Silleda
  • Verbum - Casa das palabras de Vigo
  • I edición do Salón Cultur.gal
  • Exposición de traballos premiados no I Certame BD Banda-Concello de Pontevedra (2002)
  • Exposición de autores BD Banda
  • A exposición A Xeración BD Banda da Semana Itinerante da BD (2003) contén en grande medida traballos publicados na revista
  • A exposición A nova BD Banda de 2007 foi exposta en:
  • Casa da Cultura do Porriño
  • Cultur.gal
  • Anda na Banda do programa Lugo Cultural

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Da Silva, Kiko (2021). "Kiko da Silva". Luzes 96. 
  2. "A Libraría Paz retoma a actividade no seu particular "annus horribilis"". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-10-24. 
  3. 3,0 3,1 Páxina oficial de BD Banda "Que é BD Banda?"
  4. Páxina oficial de BD banda "Que facemos?"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar