O Basketbal Club Oostende, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Filou Oostende, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Oostende (Flandres Occidental). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O Oostende é o equipo máis laureado do baloncesto belga con 23 títulos de Liga e 19 de Copa. Fundado o 25 de maio de 1970, disputa os seus partidos como local no COREtec Dôme, pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.

Filou Oostende
Información xeral
Nome Basketbal Club Oostende
Liga BNXT League
Alcume BCO
Fundación 25 de maio de 1970
Cores           Amarelo, negro
Presidente Bélxica Johan Verborgh
Adestrador Croacia Dario Gjergja
Localización
Cidade Bélxica Oostende, Bélxica
Pavillón COREtec Dôme
Capacidade 5 000
Inauguración 2006
Campionatos
Liga 24 (1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1988, 1995, 2001, 2002, 2006, 2007, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022, 2023)
Copa 20 (1979, 1981, 1982, 1983, 1985, 1989, 1991, 1997, 1998, 2001, 2008, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021)
Supercopa 12 (1981, 1982, 1988, 1989, 1999, 2000, 2006, 2014, 2015, 2017, 2018, 2021)
bcoostende.be

Historia editar

O club foi fundado como Sunair Oostende o 25 de maio de 1970, sendo as cores escollidas para o equipo o azul e o amarelo. O BCO, un dos alcumes do club, comezou a xogar na Segunda División de Bélxica, mais xa na súa primeira temporada, despois de levarse o título, ascendeu á máxima categoría. A súa estadía na elite, con todo, dura pouco e descenden no primeiro ano. Porén, o equipo foi capaz de recuperarse, ascendeu unha vez máis e desde aquela nunca volveron perder a categoría. Na temporada 1974−75 o club fixo a súa primeira aparición en Europa, xogando 10 partidos na Copa Korać. Pouco despois, en 1979, conseguen o seu primeiro título, a Copa de Baloncesto de Bélxica con Ron Adams como adestrador. En 1981 gañan o seu primeiro título de liga, esta vez con Roger Dutremble como adestrador. De feito, conseguen outros cinco títulos máis de forma consecutiva até 1986. Tras un ano no que non conseguen gañar o campionato, en 1988 repiten e gañan ademais a primeira e única Copa do Benelux. En 1995 conseguen de novo o título de liga.

Antes do comezo da temporada 1999−00 o club mude por vez primeira o seu nome, converténdose no Telindus Oostende, novo patrocinador principal. Despois de que o club gañase algúns trofeos máis para pór na súa vitrina, no ano 2005 o club consegue trasladarse a un novo pavillón, o Sea'Arena (actual Sleuyter Arena), recinto con capacidade para 5.000 espectadores. Na temporada 2010−11 o equipo volve mudar o seu nome, esta vez a Telenet Oostende. N segunda compaña con este novo, o equipo muda de adestrador, despedindo a Jean-Marc Jaumin a asinando ao croata Dario Gjergja. Coa chegada do novo técnico o equipo consegue gañar de forma consecutiva os títulos de 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018. Neste perído cómpre destacar a retirada do dorsal número 10 de Veselin Petrović, que permanecera no club desde 2005 até a súa retirada en 2014.

Nomes editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Sunair Oostende (1970–1999)
  • Orange Oostende (1999–2000)
  • Telindus Oostende (2000–2008)
  • Base Oostende (2008–2010)
  • Telenet Oostende (2010–2017)
  • Filou Oostende (2018–presente)

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Competicións europeas
2000–01 1 PBL Campión 1 Suproliga OF
2001–02 1 PBL 1 Euroliga LR
2002–03 1 PBL 2 Copa ULEB LR
2003–04 1 PBL Subcampión 3 Europe League OF
2004–05 1 PBL 2 Copa ULEB LR
2005–06 1 PBL
2006–07 1 PBL 2 Copa ULEB LR
2007–08 1 PBL Campión 2 Copa ULEB LR
2008–09 1 PBL 3 EuroChallenge LR
2009–10 1 PBL Campión
2010–11 1 PBL Subcampión 3 EuroChallenge
2011–12 1 PBL 2 Eurocup LR
2012–13 1 PBL Campión 2 Eurocup LR
2013–14 1 PBL Campión 2 Eurocup L32
2014–15 1 PBL Campión 2 Eurocup L32
2015–16 1 PBL Campión 3 FIBA Europe Cup R16
2016–17 1 PBL Campión 3 Champions League LR
4 FIBA Europe Cup SF
2017–18 1 PBL Campión 3 Champions League LR
4 FIBA Europe Cup R16
2018–19 1 PBL Subcampión 3 Champions League LR
4 Europe Cup CF
2019–20 1 PBL Semifinais 3 Champions League R16
2020–21 1 PBL Campión 3 Champions League LR
2021–22 1 BNXT Subcampión 3 Champions League R16

Títulos editar

Liga de Bélxica

  • Campión (23): 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1988, 1995, 2001, 2002, 2006, 2007, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022

Copa de Bélxica

  • Campión (19): 1979, 1981, 1982, 1983, 1985, 1989, 1991, 1997, 1998, 2001, 2008, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021

Supercopa de Bélxica

  • Campión (11): 1981, 1982, 1988, 1989, 1999, 2000, 2006, 2014, 2015, 2017, 2018, 2021

Xogadores editar

Destacados editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar