BBC HD é a cadea de televisión de alta definición 1080i británica pertencente á British Broadcasting Corporation.

Logo da BBC HD.

Historia e características editar

O servizo comezou a emitir en probas o 15 de maio de 2006 e comezou a emitir en servizo completo o 1 de decembro de 2007. O primeiro programa que foi emitido nesta cadea foi Planet Earth o día 27 de maio de 2006.

As emisións son de entre seis e nove horas ó día, e inclúen emisións simultáneas con outras cadeas da BBC, como Doctor Who ou Top Gear e repeticións de programas como Torchwood ou Planet Earth. Eventos en directo como o Festival de Eurovisión, o Campionato de Wimbledon, o Mundial de Fútbol da FIFA tamén son emitidos nesta cadea en formato de alta definición.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar