Búnker

construción militar defensiva

Un búnker[1] é unha construción feita de ferro e formigón, que se utiliza nas guerras para protexerse dos bombardeos, tanto da aviación como da artillaría.

Búnker da guerra civil española en Alto del León.
Búnkeres en Albania.

Tipos editar

Os búnkeres teñen un uso militar, aínda que ás veces tamén civil ou mixto.

Trincheira editar

Este tipo de búnker é unha pequena estrutura de formigón con tellado, parcialmente enterrada na terra, que xeralmente é parte dun sistema de trincheiras. Tales búnkeres ofrecen mellor protección ós soldados que a trincheira aberta e ademais inclúe protección contra ataques aéreos (granadas, proxectís de morteiro). Ademais ofrecen protección perante o clima.[2]

A parte frontal dun sistema de trincheiras xeralmente inclúe metralladoras ou morteiros e forma un campo de tiro dominante. Os búnkeres da parte traseira do sistema adoitan utilizarse como postos de mando, para almacenamento de materiais e como hospitais de campaña para atender os soldados feridos.

Fortín editar

 
O interior dun fortín en Sidney, Australia.

Coñécense como "fortíns" os escavados en postos de garda, que dispoñen de espazos de formigón a través dos cales disparan as armas de fogo. En inglés, chámanse pillbox, nome que xurdiu debido á similitude da estrutura deste búnker coa das pequenas caixas para levar pílulas médicas.[3]

Os fortíns están a miúdo camuflados para agochar a súa localización e aumentar ó máximo o elemento sorpresa. Poden ser parte dun sistema de trincheiras, interconectados formando unha liña de defensa con outros fortíns co obxectivo de que cubran o lume uns a outros (defensa en profundidade), ou poden ser postos a resgardo de estruturas estratéxicas como pontes e embarcadoiros.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para búnker.
  2. Una mirada a la Primera Guerra Mundial desde los archivos. Consultado o 10 de febreiro de 2008.
  3. (en inglés) «Why the name Pillbox?» Arquivado 10 de maio de 2018 en Wayback Machine. Consultado o 11 de outubro de 2015.