Bóxer é unha raza de can de medio porte e pelaxe curta, de cor marrón ou tigrada, e de mandíbula prominente e cadrada. Os bóxers tamén poden ser completamente brancos, malia que os cans desa variación padecen polo xeral de xordera, e adoitan non estar recoñecidos como tales por algunhas asociacións de criadores. Foron desenvolvidos en Alemaña, ao longo do século XIX resultado dun cruzamento entre bulldog e bullenbeisser[1]. Pertencen á categoría dos Molosoides, ao lado de razas coma o Bulldog ou o Bullmastiff, entre outros.

Un can da raza bóxer.

Fisionomía e características editar

 
Bóxers na primeira exhibición (1896)

A súa cabeza é proporcional ao corpo, que ten costas curtas e membros poderosos. Os ollos son castaños ou mouros. O corte das orellas e do rabo continúa sendo unha práctica común. O corte do rabo debe ser feito nos primeiros días de vida. Un bóxer macho adulto pesa, tipicamente, arredor dos 33 quilos, e mide aproximadamente 61 centímetros. As femias arredor de 28 quilos e 57 cm.

Os bóxers son unha raza enerxética e brincallona, e tenden a ser moi apropiados no trato cos cativos. O seu adestramento recoméndase en tenra idade, pois os bóxers acostuman ter personalidade forte, facendo que o seu adestramento sexa considerabelmente máis difícil despois de que o can deveña adulto. Os bóxers son cans pacientes cos pícaros, intelixentes e moi ligados aos seus donos. Considéranse bos cans de garda, desde que reciban adestramento adecuado.

Aínda que o bóxer precise de exercicios para manterse en forma, hai relatos a esgalla de bóxers que viven ben en hábitats urbanos. O ideal é que o can teña algunha actividade física frecuente, como paseos diarios. Os cans da raza bóxer considéronse cans de fácil manutención, alén de afectuosos, confiábeis, intelixentes, atléticos e fieis.

Potenciais problemas de saúde editar

Os bóxers son suceptíbeis a tumores. Entre os seus posíbeis problemas tamén está a displasia. Os donos de bóxer pódense sentir tentados a escoller outra raza de cachorros por mor da potenciais problemas de saúde, mais deben saber que a incidencia desas doenzas non é alta, e ao se comprar o can dun criador ético, que prové certificados de saúde para os seus exemplares, medran salientabelmente as oportunidades de ter un animal moi saudábel.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar