Bóveda

concello da comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo

Bóveda é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca de Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos. Ten unha poboación de 1.571 habitantes segundo o censo de 2014. O xentilicio é bovedés ou bovedense.[1]

Modelo:Xeografía políticaBóveda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°37′27″N 7°29′05″O / 42.6241, -7.4847Coordenadas: 42°37′27″N 7°29′05″O / 42.6241, -7.4847
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalBóveda Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.405 (2023) Editar o valor em Wikidata (15,44 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie91 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude689 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Manuel Arias López Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Bóveda Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27340 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27008 Editar o valor em Wikidata

Sitio webconcellodeboveda.com Editar o valor em Wikidata

Situado ao sur da provincia linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.

Xeografía editar

Bóveda, cunha superficie de 91 km², enclavada na zona de transición entre o Val de Lemos e a montaña, pertence á comarca de Terra de Lemos. A súa particular localización xeográfica, ao sur da provincia de Lugo, e a súa dicotomía morfolóxica fan de todo o concello un lugar particular tanto polas súas características naturais como polas humanas. Morfoloxicamente, presenta un relevo montañoso, chegando na zona occidental a alcanzar unha altitude de 689m no monte Couso. O resto do concello posúe unha altitude media de 450 metros. Destacan a parte do Couso con 689 m, o Tralomoredo, de 449 m.

A rede fluvial pertence á conca hidrográfica Miño-Sil, sendo o Mao, afluente do Cabe, o seu principal colector. Outros ríos importantes do concello son o Teilán e o Noceda, afluentes do Cabe, e o Eimer, afluente do Noceda.

Detéctase a presenza de gran variedade de especies vexetais de tipo mediterráneo como a aciñeira ou o érbedo, ao lado de especies caducifolias nas terras máis altas. Esta variedade floral comporta unha gran riqueza faunística: falcóns, aguiachos, azores, andoriñas, birrios, curuxas, ouriolos, lobos, raposos, xabaríns, corzos, garzas e cegoñas.

Clima editar

O clima é oceánico - continental. As temperaturas son suaves, con invernos fríos, abundantes xeadas e néboas, e veráns calorosos e secos. A temperatura media é duns 13 °C.

Demografía editar

Dende o punto de vista demográfico, o concello presenta unha densidade de poboación baixa. de 17,44 habitantes/Km², moi próxima á media provincial. Obsérvase unha pequena elevación dos índices natalicios, recobrándose parte da perda de efectivos de poboación acontecida nas décadas dos anos corenta e cincuenta (en 1930 o censo era de 4.629 hab. e en 1940 de 4.752). A poboación de 1981 era de 3.244 habitantes, a de 1991 de 2.320 e a de 2007, 1.737.

Censo Total (Habitantes) 1.571 (2014)
Menores de 15 anos 104 (6.62 %)
Entre 15 e 64 anos 856 (54.49 %)
Maiores de 65 anos 611 (38.89 %)
Evolución da poboación de Bóveda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.398 4.629 4.143 3.258 1.866 1.669 1.624 1.589 1.570 1.571 1.545 1.537 1.527 1.503 1.481 1.450 1.407 {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia editar

Da Prehistoria consérvanse restos arqueolóxicos como o Castro de Freituxe, o Castro de Bustelo, a Medela do Gruñedo, a Cova dos Mouros, o Castro de Agroi, o Castro de Vilalpape e a Medorra de Camporredondo en Mosteiro.

Durante o Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual concello de Bóveda pertenceron as xurisdicións da Pobra do Brollón, Guntín, Canedo, Somoza Maior de Lemos e ós cotos redondos de Bóveda, Ver e Vilalpape, todos da antiga provincia de Lugo, e a maior parte baixo o señorío do Conde de Lemos.

Co establecemento dos termos municipais pola Constitución de 1812, as parroquias de Bóveda, Martín, Ribas Pequenas, Ver e Vilalpape incluíronse no concello de Fiolleda, no partido de Monforte de Lemos, mentres as restantes quedaron adscritas ó concello de Guntín, no partido de Sarria. Derrogada a Constitución no 1814 retomouse a administración señorial. No Trienio Liberal (1821-1823) restablecéronse estes dous concellos, que foron adscritos á provincia de Lugo en 1822. Suprimida de novo a Constitución en 1823, houbo que agardar ata 1835 para a restauración da administración municipal, nacendo nesa data o concello de Somoza Maior de Lemos, porén as parroquias do actual concello de Bóveda estaban incluídas nos municipios da Pobra do Brollón e Couto Vello.

Finalmente, o concello de Bóveda nace no ano 1840, formado polas parroquias que hoxe en día o compoñen. A reforma do 1840 foi deposta pola Xunta revolucionaria do Goberno Provisorio de Lugo, nunha circular de 9 de outubro, na que aparece o concello de Bóveda, subsistindo o de Somoza Maior de Lemos ata a celebración de eleccións para a súa integración no de Bóveda. Non houbo alteracións municipais dende 1845, se ben aumentouse unha parroquia coa creación da parroquia de Vilarbuxán, pasando de 13 a 14 parroquias, que agrupan un total de 52 entidades singulares de poboación. A capital municipal: Bóveda, ten título de vila, outorgado no ano 1907.

O nome de Bóveda vai asociado a unha liñaxe establecida no mesmo lugar e do que foron antecesores os Somoza. Foi un fillo de Arias López Somoza e Goyanes o fundador da casa e o primeiro en utilizar este apelido. Aos marqueses de Bóveda pertence o pazo do mesmo nome, datado no século XVIII. Situado na parroquia de San Martiño, foi construído sobre un pazo anterior do século XVI. O actual foi reconstruído por Francisco Suárez de Deza e Oca, X Marqués de Viance e cóengo maxistral da Catedral de Santiago, influenciado das súas viaxes a Italia. Algunhas das parroquias de Bóveda pertenceron á antiga xurisdición de Somoza Maior de Lamas cuxo señorío exercía o Conde de Lemos e outros. A xurisdición de Ver nomeaba xuíz ordinario. A principios do século XX houbo unhas manobras militares presididas polo rei Afonso XIII. Á finalización das ditas manobras acudiu o rei, aloxándose no Pazo, e outorgando á localidade de Bóveda o título de vila.

Patrimonio artístico editar

Bóveda conserva interesantes igrexas como a de San Fiz de Rubián orixinal do s.XVI con varias reformas posteriores, ou a capela do Ecce Homo de Rubián. San Cristovo de Martín é un templo do século XVII que conserva no interior unhas pías (bautismal e outra de auga bendita) antigas. Na capela de San Xurxo, en Xullán acháronse sepulcros en ruínas.

Con respecto á arquitectura civil destaca o Pazo dos Marqueses de Bóveda tamén chamado Pazo de San Martiño de Bóveda; foi construído sobre outro anterior do s.XVI en 1769 por Xoán Francisco Suárez de Deza e Oca, o estilo arquitectónico é italiano e está rodeado de xardíns, no interior existen diversos obxectos e cadros valiosos. Tamén se conserva a Casa Señorial de Ver e outras 8 casas repartidas por todo o concello.

Economía editar

 
Cabalos en Ribeira de Tuimil.

A base económica do municipio é a gandería, seguida da agricultura. A importancia do sector primario ponse de manifesto tanto na superficie cultivada (20% da superficie total) como no número de poboación activa dedicada ao mesmo (60%). Á beira das terras de cultivo temos unha gran de prados e pasteiros, base alimenticia, dunha abundante cabana gandeira bovina, dedicada fundamentalmente á produción leiteira. Esta cabana complétase coa cría de porcino e ovino, menos numerosa, e dedicada principalmente ao autoconsumo e pequeno troco. O sector secundario aliméntase do sector primario e da explotación dos recursos naturais, fundamentalmente os forestais. As fábricas de cerámica (Rubián e Bóveda), a transformación da produción láctea (Bóveda), e a fabricación de mobles (Rubián) son xunto á construción os alicerces do sector. Polo que se refire ao sector terciario, ocupa á cuarta parte da poboación activa. Este sector desenvolveuse nos últimos anos grazas ao subsector turístico, que non só aproveita a beleza natural, senón tamén a riqueza monumental e artística do municipio.

  • Industrias: Lácteas, cerámicas e mobles.
  • Feiras: Rubián (o 14 e o 29 de cada mes).

Lugares de interese editar

Ademais dos monumentos histórico-artísticos como o ben conservado pazo dos Marqueses de Bóveda, este concello posúe lugares paisaxísticos de grande interese como o Burato da Moura, recunchos para a práctica de deportes como o sendeirismo, a caza ou a pesca, o voo en parapente etc. En Penacova hai unha casa de turismo rural preto dunha fragua antiga, un muíño e unha fonte de augas ferruxinosas. Dentro do apartado gastronómico, toda a Terra de Lemos, é prolixa en conta a receitas e ofertas para o visitante: O porco e os seus derivados son os protagonistas de pratos tan suxestivos como o cocido, o caldo galego, as filloas con sangue, a empanada ou os saborosos embutidos. Da artesanía local podemos destacar as colchas tecidas a man.

Comunicacións editar

Cidades próximas Distancias
A Coruña 146
Ferrol 164
Lugo 52
Monforte de Lemos 14
Ourense 60
Ponferrada 121
Pontevedra 176
Santiago de Compostela 133
Vigo 152

O concello de Bóveda está ben comunicado, e preto das localidades de Monforte de Lemos e Sarria, tampouco lonxe de Lugo.

A principal estrada que pasa polo concello é o corredor CG-2.2, que une Lugo con Monforte de Lemos pasando por Sarria. Travesa o territorio de norte a sur e ten dous enlaces, á altura das localidades de Bóveda e Rubián. Nun futuro se ha desdobrar para converterse en autovía. Este corredor mellora o percorrido da antiga LU-546, que entra no concello por San Fiz de Rubián e sae pola Áspera cara Monforte pasando polo centro das poboacións. Tamén cabe destacar á LU-652 que une Bóveda coa Pobra do Brollón e a N-120 a Valdeorras e Ponferrada, a LU-611 de Rubián a Currelos e Taboada, e a LU-643 e LU-644 que unen Bóveda e Rubián respectivamente coa capital do Incio.

Tamén pasa polo concello a liña de ferrocarril Palencia-Monforte-A Coruña, cunha estación actualmente unicamente para mercadorías en Rubián. Antes había outra estación en Bóveda, derruída hai uns anos.

Festividades editar

Deportes editar

Hai dous equipos de fútbol no concello:

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Bóveda.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Lugares de Bóveda editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bóveda vexa: Lugares de Bóveda.

Notas editar

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar