Béthune (en picardo Bétheune[1]) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia.

Modelo:Xeografía políticaBéthune
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°31′51″N 2°38′22″L / 50.53095, 2.639326Coordenadas: 50°31′51″N 2°38′22″L / 50.53095, 2.639326
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia
DepartamentoPas-de-Calais
Distritosarrondissement of Béthune (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación24.992 (2021) Editar o valor em Wikidata (2.641,86 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921256 Traducir
Q3550958 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie9,46 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude26 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Béthune (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1 de xaneiro de 2008 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Béthune (en) Traducir Editar o valor em WikidataOlivier Gacquerre (2014–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal62400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webbethune.fr Editar o valor em Wikidata
Twitter: BethuneOfficiel LinkedIn: mairie-de-béthune Editar o valor em Wikidata

Con 25 193 habitantes en 2018 é unha vila relativamente importante, a 7ª localidade do departamento e a 25ª da rexión en poboación pero sobre de todo é o centro dunha importante aglomeración urbana de case 355 000 habitantes que se distribúen en 93 concellos que forman a 3ª aglomeración urbana da rexión e a 17ª de Francia. Situada entre os outeiros do Artois e as planicies do Lys, a bisbarra benefíciase de terras agrícolas vizosas, o que lle permite unha presenza constante da agricultura. Xunto con Lille e mais as vilas da antiga bacía mineira de Nord-Paso de Calais constitúe a área de metropolitana de Lille con 3 800 000 de habitantes.

Ao final da primeira guerra mundial a vila resultou parcialmente destruída e houbo de se reconstruír; durante a segunda guerra mundial ocupárona os alemáns e quedou de novo danada.

Xeografía editar

Localización editar

Béthune sitúase na rexión histórica da Picardía e na antiga provincia do Artois, no norte de Francia, a 17 km de Lens e a 28 de Arras. Edificouse sobre un promontorio que se eleva 42 metros de altitude dende un montículo de arenito. Ao norte da vila, co "Bas-Pays de Béthune" comeza a planicie do Lys, a parte meridional da extensa planicie de Flandres e ao sur o extremo da bisbarra do Gohelle arreda Béthune dos primeiros outeiros do Artois.

Béthune limita ao norte con Essars ao leste con Beuvry ao sueste con Verquigneul ao sur con Verquin ao suroeste con Fouquières-lès-Béthune ao oeste con Fouquereuil e ao noroeste con Annezin.

Representacións cartográficas do concello
OpenStreetMap
Carta topográfica

Xeoloxía editar

A altitude do concello sitúase entre os 18 e os 42 metros nun terreo patelo ao sur da planicie de Flandres, no límite coa planicie do Lys, antes das primeiras reborondas do Artois e nun subsolo calcario. Unha lomba de area terciaria descansa sobre ese subsolo entre Béthune e Beuvry[2].

Béthune está no límite da bacía mineira do Nord-Paso de Calais, ao noroeste dos centros de explotación do carbón. No pasado tamén se explotou a cuarcita en toda a rexión, de Béthune a Valenciennes[3]. Os bancos de arenito da rexión próxima de Douai utilizáronse para a fabricación de lastras para a rexión[3].

Hidrografía editar

O Lawe, afluente do Lys e subafluente do Escalda, rega coas súas augas Béthune. Augas abaixo da localidade, a partir do lugar coñecido como « Argent-Perdu » o Lawe canalízase cara ao Lys ao que se xunta en La Gorgue[4]. O nordés do concello limita coa canle Aire-sur-la-Lys-La Bassée que constitúe un elo da conexión fluvial da Dunkerque-Escalda.

Noutro tempo contornaban Béthune zonas húmidas que se drenaron gradualmente para uso agrícola.

Clima editar

O clima é oceánico temperado como no resto do departamento, mais a súa localización a 80 km da fachada marítima faino lixeiramente máis continental ca o da costa, cunhas amplitudes térmicas moderadas pero un pouco máis grandes ca na costa e uns invernos lenes con tempo inestable. As precipitacións sitúanse en 745 mm ao ano e a temperatura média é de 10,8 °C.[5]

Comunicacións editar

Rede viaria editar

 
Saída 6 da A26 que dá servizo a Béthune.

Béthune está conectada coa autoestrada A26 Troyes - Calais vía Reims e Arras, coñecida popularmente como a "autoestrada dos ingleses" e que a sitúa a 30 minutos de Arras e 40 de Lille.

A vila está igualmente no traxecto de varias antigas rutas nacionais, a RN 41 que conecta Saint-Pol-sur-Ternoise con Lille, a RN 43 que vai de Sainte-Ruffine (Metz) a Calais e a RN 37 de Château-Thierry a Saint-Venant. Estas tres vías clasificáronse como rutas departamentais, as dúas primeiras en 2006, como D 941 e D 943, e a terceira en 1972 como D 937.

Transporte colectivo editar

 
Autobús de Tadao na estación de Béthune

As liñas de autobús de Tadao, que cobre un territorio de 750 km2 con 610 000 habitantes, aseguran os desprazamentos nas aglomeracións de Béthune e Lens. A rede, que explota a sociedade Transdev, realiza 60 000 validacións por día[6].

Prestan servizo na localidade dúas liñas de tránsito rápido: a liña Bulle 2 (Houdain ou BarlinBeuvry) e a liña Bulle 4 (Annezin − Hospital de Beuvry). Unha parte destas liñas transitan por carrís propios, especialmente no barrio de Mont-Liébaut e nas proximidades da estación.

 
A estación de ferrocaril de Béthune

Rede ferroviaria editar

Béthune sitúase na intersección de dúas vías férreas. Pola vía férrea Arras - Dunkerque, seis TGV de ida e volta no traxecto París-Dunkerque paran na estación de Béthune, situándoa a 1 h 20 minutos da capital francesa. A vía férrea que une Saint-Pol-sur-Ternoise con Lille permítelle a Béthune estar ligada a Lille vía TER así como con Boulogne-sur-Mer por medio de Saint-Pol-sur-Ternoise. No século XIX existiu unha segunda estación, co nome de Béthune-Rivage e situada na antiga liña de Béthune a Lille[7].

Urbanismo editar

Morfoloxía urbana editar

 
A praza de Lamartine.

As primeiras ocupacións humanas no lugar constátanse no barrio de Catorive, ao norte de Béthune, na época merovinxia. Mais o centro histórico establécese máis cara ao sur e ao longo da Idade Media organizouse no seo das murallas, arredor da praza principal e do beffroi. Ao se sumprimir as murallas[8] no século XIX a vila desenvolveuse na zona rural circundante dando lugar aos barrios de Catorive, Rivage, Lille, Arras e de Saint-Pry e xorden zonas de paseo de lecer ao redor de novas prazas, a de Lamartine ao norte, a do xeneral de Gaulle ao nordés, a do mariscal Joffre ao leste e a Sévigné ao suroeste.

O barrio dos Cheminots, unha cidade xardín ao sur do centro e a Cité du 8ter desenvolvéronse despois da primeira guerra mundial. Construíronse vivendas para os inmigrantes, principalmente polacos, que chegaron pola falta de man de obra francesa despois da guerra[9].

O abandono da explotación do carbón levou a unha reconversión industrial e ao desenvolvemento dun novo barrio, o Mont Liébaut, creado en 1960 como zona prioritaria de urbanización[10], e que se expandeu ao longo das décadas de 1960 e 1970. En 1996 por decreto clasificouse como zona urbana sensible e asemade zona de revitalización urbana[11].

Espazos verdes editar

 
Fonte do xardín público

Varios espazos verdes participan da infraestrutura verde e azul na cerna da vila, ao sur da Grand-Place está o xardín do Teatro, o xardín público, o parque Beuvry, o parque J.-J.-Rousseau, o parque do Perroy e ao norte o parque Quai-de-Halage, o parque do Loisne. Ao sur da estación está o parque das Terrasses de la Rotonde, ao suroeste do concello as brañas do Lawe e ao leste o bosque de Croquet[12].

Vivendas editar

En 2017 Béthune contaba con 14 103 vivendas, e delas 11974 constituían residencias habituais, o que representaba o 84,9 % do total. As residencias secundarias e ocasionais sumban 165 mentres as vacantes elevábanse ata as 1963, o 13,9 %. Sobre o conxunto das vivendas, 7105 eran individuais, o 50,4 %, e 6856 localizábanse en inmobles colectivos, o que supuña o 48,6 %[13].

Toponimia editar

O nome da localidade aparece por primeira volta como Bitunia[14] nunha moeda merovinxia do século VIII; Betuna documéntase en 1121 na carta de Boubourg, Bethua no cartulario de Saint-Omer de 1127 e ao longo dos séculos XII e XIII alternaron con formas como Bethunia, Betunes, Bethenes, Biethune ou Bethunes[15]. No século X Béthune estaba no límite meridional da zona de fala flamenga occidental[16]e nesa lingua a localidade coñécese como Betun[17].

Historia editar

En Béthune atopáronse puntas dentadas en óso e hasta de cérvido, datadas arredor do 10 000 a. C. no Paleolítico[18]. Encontráronse tamén achados do Mesolítico e da Idade de Bronce no concello veciño de Beuvry[19]. Existen tamén vestixios da época galo-romana e dunha vila señorial no lugar denominado Château Brunehaut[20].

Idade Media editar

Alta Idade Media editar

Os primeiros vestixios de habitación humana datan dos séculos VI e VII. Contra o ano 502, Vedasto de Arras, bispo de Arras e evanxelizador do Artois mandou edificar unha igrexa dedicada á Virxe na confluencia do Lawe e o Blanche, no lugar denominado Catorive que se consagrou no século X a San Vedasto (Vaast en neerlandés e picardo). Na época de Carlomagno a rexión de Béthune contaba con entre 4 e 5 000 habitantes[21].

O señorío de Béthune editar

O señorío de Béthune menciónase nos rexistros por primeira volta no ano 940, situado no noroeste da antiga civitas dos atrebates probablemente quedou sometido á autoridade dos condes de Flandres despois do reinado de Arnulfo o Grande e ata o século XIV [22]. A primeira mención do castelo de Béthune é do ano 970.

Os señores de Béthune era, a título hereditario, advocatus da abadía de Saint Vaast de Arras que utilizaban so a forma de advocatus de Béthune[23]. Dende o século XI, os señores de Béthune tiveron as mesmas funcións de castelanía que os outros casteláns flamengos, e ademais semella que eran tamén os señores de Warneton e mais de Cassel[22].

O primeiro advocatus de Béthune coñecido é Roberto de Béthune que gobernou a finais do século X e principios do XI e posuía a maioría do señorío de Richebourg, ao nordés de Béthune[22]. En 1093 unha primeira epidemia de peste fixo estragos na vila e en 1096 Adam de Béthune participou na primeira cruzada. En 1137 un incendio destruíu gran número de casas, aínda contruídas en madeira[24]. De novo en 1188 de novo unha epidemia de peste afectou ao lugar. Roberto IV, por mor da paz de Arras (1191), converteuse en vasalo do rei de Francia polos seus dominios de Béthune e Richebourg, mais permaneceu como vasalo do conde de Flandres polo de Warneton[23]. En 1197 os veciños da localidade defendéronse contra dun exército flamengo; nesta época o burgo, con 25 hectáreas, estaba fortificado cunha pequena muralla[25]. En 1222 reconstruíuse o castelo e rodeouse de murallas e en 1238 reforzáronse as fortificacións da vila e edificáronse sete grandes torres, converténdose nunha das prazas mellor defendidas do Artois[25].

En 1245 o conde de Flandres, Guido casou con Matilda de Béthune, filla de Roberto VII e ao este morrer sen fillos varóns en 1265 os seus dominios pasaron ao herdeiro de Guido e Matilda, o futuro Roberto III de Flandres[22]. En 1297 Guido aliouse con rei inglés Eduardo nun desafío ao rei francés Filipe e este respondeu coa anexión de Flandres ao dominio real, neste contexto bélico Béthune, situada polos exércitos reais, foi a primeira vila do Artois en se someter ao rei francés malia ser o herdeiro do conde de Flandres o seu señor[26].

Dominio francés editar

Á morte de Guido en 1305 os franceses liberan ao seu herdeiro, Roberto III que polo tratado de Athis, tamén dese ano, deu en garantía[27]Béthune, canda Lille e Douai, ao rei francés. Ao casar o segundo fillo do rei Filipe de Poitiers coa filla da condesa Matilde de Artois e o dote desta princesa establecida no Franco Condado excedía a cifra da renda que se conviñera, o rei, como compensación, entregoulle a castelanía de Béthune a Matilde en 1311. En 1312 asinouse o tratado de Pontoise polo que o sur do condado de Flandres, onde se atopaba Béthune malia o tratado non o mencionar, pasou a dominio real francés[22]. En 1329 coa morte de Matilde o condado de Artois, e con Béthune, pasou a Xoana II de Borgoña.

Ao longo da Guerra dos Cen Anos (1337-1453) a vila sufriu varios ataques flamengos que os habitantes rexeitaron. En 1383 herdou o condado de Borgoña Lois II de Flandres pero en 1388 o señorío de Béthune pasou a Guillerme de Namur quen outorgou unha carta á vila e permitiulles os habitantes de Béthune a construción dun beffroi de pedra con dereito de sino e prisión. O primeiro construírase en madeira en 1346 e quedara destruído por un lume e o novo realizouse en arenito en 1388. En 1447 un segundo incendio provocou graves danos nunha parte do edificio[24].

 
Béthune en 1500

Idade Moderna editar

Domino dos Habsburgo editar

 
Béthune en 1545
 
Plano neerlandés de Béthune de 1710

En 1506 ao herdar Carlos de Habsburgo Borgoña converteuse tamén en señor de Béthune. Nesta época refórzanse as fortificacións da vila e desprázase a igrexa dedicada a San Vedasto ao interior do recinto amurallado e planifícase a canle do Lawe. Ao tempo Béthune experimenta unha importante expansión e un desenvolvemento da industria téxtil e do comercio de gran o que favorece a instalacón de gremios especializados, como os dos tintureiros ou o dos goldreiros.

Das guerras á revolución editar

As tropas francesas asediaron a vila en 1645 e rematou capitulando e o tratado dos Pireneos de 1659 Lois XIV finalizou coas pretensións españolas. Baixo a dirección de Sébastien Le Prestre de Vauban reforzáronse as murallas. En 1710 no decurso da Guerra de Sucesión Española un exército da Grande Alianza dirixido polos neerlandeses sitiou a vila que defendía Antoine de Vauban[28] e tras conquistala permaneceu baixo a súa soberanía durante tres anos.

En 1788 o derradeiro paneiro cesou na súa actividade[29]. Contra finais do século XVIII a economía oriéntase principalmente cara a agricultura e o comercio; máis da metade das terras son propiedade dos privilexiados ou dos burgueses. Como o resto de Francia, Béthune coñece a axitación da Revolución Francesa: expulsión das congregacións relixiosas, exilio das familias aristocráticas.

Idade Contemporánea editar

A industrialización editar

Ao comezos do século XIX a vila sufriu dous furacáns, en 1800 e 1807, e unha epidemia de suor inglés afectou á súa poboación en 1802[30]. O século XIX foi economicamente próspero malia algúns anos difíciles: inverno de 1828-1829; 5 epidemias de cólera entre 1832 e 1866 ou un asolagamento en 1841[31]. Desenvolveuse o cultivo do tabaco, das oleaxinosas e da remolacha azucreira que se transforma nas refinerías locais.

A partir de 1851, data da primeira extracción en Courrières[32], a explotación do carbón torna a cerna da economía e da vida local. Béthune localízase no límite, no noroeste, da área mineira. A construción en 1861 da liña ferroviaria Arras-Dunkerque]] lígaa con esas cidades, así como con París, Lillers e Hazebrouck. A canle do Aire en La Bassée que se realizara en 1826[33] sufriuunha mellora na segunda metade do século e as murallas da cidade tiráronse entre 1870 e 1879 ao tempo que se estendía cara ao leste a zona urbana.

Primeiro terzo do século XX editar

 
Béthune destruída logo do bombardeo de maio de 1918. Ao fondo o beffroi, unha das poucas estruturas que permaneceu en pé.

A finais do século XIX, Outrebon creou na vila a fábrica de reloxos de igual nome [34] e en 1906 abriu unha fábrica de pesaxe industrial, Aequitas[35]. Foi unha época de modernización: dotouse dun novo hospital en 1907, dunha oficina de correos en 1910 e dun teatro en 1912 e desenvolvéronse as redes de saneamento, electricidade e de auga corrente.

Durante a primeira guerra mundial Béthune foi un importante nó ferroviario e centro operativo para o Corpo Canadense e mais para a Forza Expedicionaria India e tamén un posto médico militar do exército británico ata decembro de 1917. O presidente do consello, Georges Clemenceau visitouna, canda outros concellos próximos á fronte, o 25 de febreiro de 1918[36]

A localidade apenas sufriu danos ata a segunda fase da ofensiva de primavera: O 12 de abril de 1918, as forzas alemás chegaron ata Locon, a 5 km de distancia de Béthune, e o subprefecto Adrien Bonnefoy-Sibour ordenou a súa evacuación, o consello municipal estableceu a súa sede en Berck-sur-mer[37]. O 20 de maio o alemáns bombardearon o centro da vila o durante catro horas, o que rematou na súa case total destrución, bardante o beffroi[38]e n amorte de máis de 100 civís[39] aínda que o exército alemán non chegou a ocupar a vila. Mais de 3200 vítimas da guerra soterráronse no cemiterio local, que conta cunha sección da Commonwealth obra de Edwin Lutyens; a maioría das baixas foron británicas, 2 933, houbo 55 canadenses e o resto son de alemáns[40] A limpeza das ruínas polos prisioneiros alemáns durou ata finais do ano 1919 mentres os 12 000 habitantes de Béthune vivían onde podían, en especial nos sotos e adegas e aproveitando os cascallos para reconstruír a cidade. Logo da guerra, o concello recibiu en decembro de 1919 do presidente francés, Raymond Poincaré, a Lexión de honor[38]. A reconstrución das infraetruturas públicas continuou ata 1927 e para iso o concello recibiu 21 millóns de francos[38]. Aproveitouse para sanear a cidade: ampliación das rúas, apertura de avenidas, eliminación de regos insalubres na zona urbana[38].

A vila prosperou ata a Gran Depresión que en Francia levou a unha fonda crise económica en 1933-1934 e que afectou tamén a Béthune co aumento do desemprego no sector mineiro e peche de empresas, comercios e bancos. En 1939 a situación mellorara pero ese ano está marcado polo inicio da segunda guerra mundial.

Dende a segunda guerra mundial editar

Ao principiar a segunda guerra mundial os belgas e outros estranxeiros que vivían na cidade abandonarona e en maio de 1940 os alemáns bombardeárona o 10 e 22 de maio de 1940 e ocupouna o 24 a 3ª División Panzer Panzer das SS Totenkopf. En decembro de 1940 as novas autoridades internaron os xudeus de Béthune nun campo en Troyes[41]. A partir do 27 de abril de 1944 e ata xuño sucedéronse os bombardeos da aviación británica. O exército alemán abandonou Béthune o 1 de setembro de 1944[42]e o 4 a 7ª división blindada británica liberouna.

En 1956 pecharon as minas do oeste da bacía mineira, que abranguía Béthune e Bruay[43]. En 1964 o fabricante de pneumáticos Firestone instalouse en Béthune e deu emprego a máis de 1500 persoas. A industria de transformación do plástico tamén é importante na zona, con máis de 4 000 empregados no sector de Béthune - Bruay[43].

Tamén se instalou a empresa Testut logo de fusionarse con Aequitas en 1971. En 1983 empregaba a 400 persoas pero o seu peche en 2003 tornou nun ermo o lugar onde estaban as instalacións ata que na década de 2010 transformouse nun barrio ecolóxico[44]En 1987 Bruay-en-Artois fusionouse coa veciña Labuissière para formar o novo concello de Bruay-la-Buissière que tiña un número de habitantes semellante ao de Béthune[45], o que lle permitía competir con ela. Aos poucos anos Béthune fusionouse con Verquigneul, o 10 de decembro de 1990, co que aumentou a súa poboación en 1600 habitantes[45] e o 1 de xaneiro de 1994 fusionouse con Beuvry, co que aumentou a súa poboación en 9 000 residentes. Así e todo, o prefecto anulou a fusión con Beuvry o 20 de novembro de 1997[46] e Verquigneul separouse de Béthune o 1 de xaneiro de 2008[47].

Política e administración editar

Béthune é a capital da comunidade de aglomeración de Béthune-Bruay, Artois-Lys Romane que se creou en 2017 ao se fusionaren as comunidades de aglomeración de Artois, Artois-Lys e mais de Artois-Flandres. Tamén é a sede do distrito homónimo e foi entre 1793 e 1973 a capital do cantón de Béthune que se dividiu e a vila quedou repartida entre os cantóns de Béthune-Nord e Béthune-Sud e de novo en 1991 houbo unha nova reforma que estableceu un cantón máis, e así Béthune foi sede tamén do cantón de Béthune-Est. Logo da reforma cantonal de 2014 o territorio de Béthune pasou a integrar un único cantón, que tomou de novo o nome de cantón de Béthune.

Consello municipal editar

O consello municipal elixido en 2020 está constituído polos grupos seguintes[48]:

Grupo Partido Cabeza da lista Elixidos Status
Continuons ensemble! UDI e LR[49] Olivier Gaquerre 30 maioría
Béthune, décidons notre avenir LRG e independentes de esquerda [50] Stéphane Saint-André 2 oposición
Les Béthunois avant tout ! Vivre Béthune e o MRC[51] Nathalie Delbart 1 oposición
Tous rassemblés pour Béthune AN[52] Alexandre Maeseele 1 oposición
Alternative éco-citoyenne EELV e Clim’actifs[53] Brigitte Helle 1 oposición


Poboación e sociedade editar

Estrutura da poboación editar

En 2018 o concello contaba con 25193 habitantes, unha diminución de 1,06% en relación a 2013 (Paso de Calais:+0,1%, Francia: +2,36%). É unha poboación relativamente nova. A taxa da poboación de máis de 60 anos (20,5 %) é de certo inferior ao total nacional (25,3 %) e o departamental (24,4 %). A repartición da poboación por idade era en 2008 a seguinte:

  • 46,9 % de homes (0 a 14 anos = 18,3 %, 15 a 29 anos = 28,1 %, 30 a 44 anos = 19,8 %, 45 a 59 anos = 18,5 %, máis de 60 anos = 15,3 %) ;
  • 53,1 % de mulleres (0 a 14 anos = 16,7 %, 15 a 29 anos = 22,2 %, 30 a 44 anos = 17,1 %, 45 a 59 anos = 18,8 %, máis de 60 anos = 25,2 %).

Ensino editar

Os establecementos escolares de Béthune dependen da Academia de Lille e as escolas primarias da dirección de servizos departamentais da educaciión nacional de Pas-de-Calais.

No concello localízanse diversas escolas de educación infantil e primarias, así como dous centros de ensino medio collèges (Paul-Verlaine e George-Sand). O centro de ensino secundario (lycée) con maior número de alumnos é o liceo profesional (LP) e xeral e tecnolóxico (LEGT) André Malraux que conta con máis de 1600 matriculados[54] e está equipado con internado. Os outros liceos son o LEGT Louis-Blaringhem e o LP Salvador Allende. A ensino privado no concello é propiedade fundamentalmente da igrexa católica, que ademais de escolas conta co collège Saint Vaast, que conta con 864 alumnos[55] e o liceo "Saint Dominique" con 567 alumnos[56].

O polo universitario de Béthune, no seo da Universidade de Artois, conta con facultade de ciencias aplicadas e instituto universitario de tecnoloxía.

Hospitais editar

Béthune dispón de dous establecementos hospitalarios. O centro hospitalario de Béthune-Beuvry (CHB) é un hospital público de proximidade con capacidade para 510 camas e 50 prazas [57]. O grupo privado HPL administra a clínica Anne d'Artois que conta con 202 camas e prazas[58].

Deportes editar

O concello conta con 62 clubs deportivos[59] e entre os máis coñecidos están o Stade Béthunois FC que se fundou en 1902 e que foi campion afeccionado de Francia en 1949 e que agora xoga na Liga de fútbol de Hauts de France na Rexional 1 e o Futsal Club Béthunois que participa na máxima división do fútbol sala francés.

Medios de comunicación editar

O xornal La Voix du Nord conta cunha edición local específica para Béthune-Bruay. Unha publicación quincenal, Avenir de l'Artois cobre a zona de Arras - Lens - Liévin e Béthune.

As canles de televisión France 3 Nord-Pas-de-Calais e a rexional Wéo cobren a actualidade da vila e existe na localidade unha emisora de radio local, Horizon, que comezou a emitir en 1985 como pirata e que dende 1988 emite de xeito legal.

Relixión editar

Catolicismo editar

Béthune depende da diocese de Arras e é a sede do arciprestado de Béthune-Bruay que se divide en 11 parroquias aínda que a vila está integrada na parroquia da Nosa Señora de Béthune. Os principais lugares de culto son:

  • Igrexa de San Vedasto
  • Igrexa da Nosa Señora de Perroy
  • Igrexa do Sagrado Corazón
  • Igrexa de San Cristovo

Protestantismo editar

En Béthune existe unha congregación baptista que forma parte da Federación de Igrexas Evanxélicas Baptistas de Francia e que está presente na localidade dende 1892 aínda que non foi ata 1897 cando se construíu un pequeno templo que serviu como lugar de culto ata 1991 e dende aquela e ata a apertura do novo templo en abril de 2017 reuníronse en diversos locais. Conta con arredor de 40 membros bautizados[60].

Tamén a igrexa evanxélica xitana conta con lugar de culto na vila. Forma parte da Misión Evanxélica dos Xitanos de Francia "Vie et lumière" de carácter pentecostalista.

O Centro Evanxélico de Béthune, membro das Asembleas de Deus de Francia, conta con lugar de culto no concello de Verquin

Islam editar

A Asociación Musulmá da Aglomeración de Béthune conta cunha pequena sala de oración con capacidade para 20 persoas[61] aínda que os venres dispón dun lugar máis amplo que lle cede o concello[62] e a asociación conta cun proxecto para construír unha mesquita na localidade.

Economía editar

Renda e taxa de pobreza editar

En 2018 a renda media por unidade familiar en Béthune era de 17 730 € e a taxa de pobreza era do 28%[63].

Emprego editar

En 2017 a poboación activa total no municipio era de 17 318 persoas[63].

A repartición segundo o sector de actividade era a semellante á media nacional, con algunhas diferenzas salientables como o mínimo peso da actividade agrícola:

Repartición dos empregos segundo o sector de actividade económica en 2018
  Agricultura Industria Construción Comercio transporte e servizos Administración pública, ensino, sanidade, acción social
Béthune 0,3 % 17,0 % 4,6 % 39,0 % 39,1 %
Media nacional 3,0 % 14,2 % 6,9 % 45,2 % 30,7 %
INSEE[64][65]

En canto á repartición por categoría de actividade tamén está próxina á media nacional.

Repartición dos empregos por categoría de actividade
  Agricultores Artesáns, comerciantes, xefes de empresas Cadros, profesións intermedias Profesións liberais Empregados Obreiros
Béthune 0,2 % 3,5 % 13,4 % 24,3 % 33,4 % 25,2 %
Media nacional 2,0 % 6,1 % 15,9 % 24,9 % 28,6 % 22,5 %
INSEE[66],[67]

En 2017 a taxa de paro na localidade era do 22,9% da poboación activa[68] o que se explica polo peche de varias empresas nos primeiros anos do século XXI, así o peche da fábrica Testut en 2003[34] ou de Mondi Packaging (antiga Assidoman Charfa Artois, que contaba con 300 traballadores na localidade en 2000) en 2007[69].

Empresas e comercios editar

Béthune era o foco de atracción económica da contorna, onde se celebraban mercados agrícolas ao que acudían os campesiños da bisbarra e na que desenvolveu unha importante burguesía local. No século XIX, durante o apoxeo da industria do carbón non tornou en cidade mineira e malia ser sede dunha compañía mineira, a Compagnie des mines de Béthune, non se abriron pozos no seu territorio. Pola contra, numerosas aldeas rurais circunstantes experimentaron unha metamorfose mineira que contribuíu a formar unha auténtica aglomeración arredor de Béthune o que reforzou a súa posición como centro de comercios e servizos.

Principais empresas editar

Na década de 1960, no marco da reconversión industrial da cunca mineiras, instálaronse na cidade varias grandes plantas mecánicas ou químicas e Béthune converteuse, tras Clermont-Ferrand, na segunda localidade francesa na fabricación de pneumáticos (da marca Firestone que pasou á Bridgestone en 1988). A inauguración da fábrica foi o 21 de setembro de 1961[70] e creou numerosos empregos nunha zona declarada crítica pola recesión da industria mineira, ao primeiro contaba con 640 empregados que producían 4000 pneumáticos día que aumentou a 12500 en 1973, 22000 en 1991 e 25000 con 1300 empregados na década de 2000. En 2011 constituía a empresa con maior número de traballadores de Béthune e a terceira do departamento do Paso de Calais[71]. Dez anos despois, a fábrica cesou a súa actividade[72].

A principal industria agroalimentaria, Beaumarais, dedícase á transformación de patacas, pertence ao grupo canadadense McCain Foods e trata 110000 toneladas ao ano[73] de tubérculos que proceden de explotacións agrícolas da rexión.

Outras grandes empresas de Béthune, son Tolmega do grupo Hager que tiña 420 traballadores en 2000[74], a sociedade Cheminées Philippe e o hipermercado Auchan.

Notas editar

  1. Alain Dawson e Pierre Guilgot (2012). Je parle picard (PDF). Agence pour le picard. p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2020. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  2. Deville, Alain (1985). Histoire de Béthune et de Beuvry. Dunkerque: Westhoek-Editions, Éditions des Beffrois. pp. 13–16. ISBN 2-903077-58-4. 
  3. 3,0 3,1 Ricour, Jean (1987). Découverte géologique du Nord de la France. Orléans: Éditions du BRGM. p. 14 e 56. ISBN 2-7159-0194-1. 
  4. "Rivière Lawe". projet Babel. 
  5. "Béthune Climat". Climate Data. 
  6. "Rapport d'activités 2019" (PDF). SMT Artois-Gohelle. 
  7. "Une friche de l'époque où Béthune avait deux gares parmi les terrains que l'État veut céder à prix d'ami". La Voix du Nord. 7 de setembro de 2012. 
  8. Derville, Alain (1985). Histoire de Béthune et de Beuvry. Westhoek Editions, Éditions des Beffrois. p. 187. 
  9. "Béthunois, Bruaysis Que reste-t-il de l’identité polonaise dans le secteur?". La Voix du Nord. 14 de outubro de 2018. 
  10. "Un nouveau quartier en guise de cadeau de Noël en 1960". La Voix du Nord. 9 de decembro de 2012. 
  11. "Atlas des zones urbaines sensibles". SIG-Ville. 
  12. "Atlas cartographique de la Trame verte et bleue du territoire du SCoT de l’Artois". trameverteetblue.fr. 
  13. "Dossier complet - Commune de Béthune". INSEE. 
  14. Philippe Decroix (1973). Béthune, Pas-de-Calais 62. S.A.E.P. p. 10. 
  15. Auguste de Loisne (1907). Dictionnaire topographique du département du Pas-de-Calais. p. 47. 
  16. Abalain, Hervé (2007). Le français et les langues historiques de la France. Éditions Jean-Paul Gisserot. p. 260. 
  17. "Villes et villages". Centre de Recherche Généalogique Flandre Artois. 
  18. Bostyn, Fraçoise e Vallin, Luc (1986). "L'outillage préhistorique en os du Nord - Pas-de-Calais. Inventaire et aspects techniques". Gallia Préhistoire 29:1. pp. 196–200. 
  19. Derville, Alain (1985). Histoire de Béthune et de Beuvry. Dunkerque: Westhoek, Éditions des Beffrois. p. 19. 
  20. Derville, Alain (1985). Histoire de Béthune et de Beuvry. Dunkerque: Westhoek, Éditions des Beffrois. p. 21. 
  21. Derville, Alain (1985). Histoire de Béthune et de Beuvry. Dunkerque: Westhoek, Éditions des Beffrois. p. 26. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 Vanderkindere, Léon (1981 [1902]). La Formation territoriale des principautés belges au Moyen Âge I. Bruxelles: H. Lamertin. pp. 251–252. 
  23. 23,0 23,1 Vanderkindere, Léon (1981 [1902]). La Formation territoriale des principautés belges au Moyen Âge I. Bruxelles: H. Lamertin. p. 25. 
  24. 24,0 24,1 Béghin,Eugène Constant (1888). Les rues de Béthune. p. iii. 
  25. 25,0 25,1 Cornet, Édouard (1892). Histoire de Béthune 2. A. David. p. 102. 
  26. Cornet, Édouard (1892). Histoire de Béthune 1. A. David. p. 94. 
  27. Platelle, Henri e Clauzel, Denis (1988). Histoire des provinces françaises du Nord. 2: Des principautés à l'empire de Charles Quint (900-1519). Westhoek-Editions. p. 111. 
  28. Reeve, JPF (1986). "The Siege of Bethune 1710: The Journals of Private Deane and General Vauban Compared". Journal of the Society for Army Historical Research 64 (260): 205–211. 
  29. Derville, Alain. Histoire de Béthune et de Beuvry. pp. 165–166. 
  30. Derville, Alain. Histoire de Béthune et de Beuvry. pp. 164–165. 
  31. Derville, Alain. Histoire de Béthune et de Beuvry. pp. 173–174. 
  32. Derville, Alain. Histoire de Béthune et de Beuvry. p. 179. 
  33. Derville, Alain. Histoire de Béthune et de Beuvry. p. 14. 
  34. 34,0 34,1 D.C. (19 de febreiro de 2009). "Dans les pas de Gaston Dumur, redécouvrir l'usine Testut". « L'Avenir de l'Artois ». Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  35. Cocquerelle, André-Pierre (xuño de 2017). "Histoire du pesage:Le pesage. Une histoire de familles" (PDF). Le monde de la technologie (178): 4. 
  36. Cent ans de vie dans la région, Tome II ː 1914-1939, La Voix du Nord, 1999, páxina 41
  37. Béthune à l'heure anglaise, Chemins de mémoire du Nord Pas-de-Calais, páxina 5
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 Christian Vincent (1999). "Reconstruire la ville sous un tas de gravats". En La Voix du Nord. Cent ans de vie dans la région - Tome 2 - 1914-1939 : Martyre et résurrection. pp. 24–25. 
  39. "Bethune; Monuments aux Mortes". Memoires de Pierre. 
  40. "Bethune; Monuments aux Mortes". Memoires de Pierre. 
  41. Danielle Lemaire, « Nuit et brouillard pour les juifs de Lens » Cent ans de vie dans la région, Tome 3 ː 1939-1958, La Voix du Nord, 1999, páxina 16
  42. Deville, Alain (1985). Histoire de Béthune et de Beuvry. Dunkerque: Westhoek-Editions, Éditions des Beffrois. pp. 242–247. 
  43. 43,0 43,1 C'artouche (2000). Pas-de-Calais. Histoire d'un renouveau. Paris: Librairie Arthème Fayard. p. 54-57. ISBN 2-213-60733-8. 
  44. T.M. (3 marzo 2011). "Écoquartier Testut : c'est parti!". « L'Avenir de l'Artois ». Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2011. .
  45. 45,0 45,1 Éric Charmes, "La sécession d'une commune", Études foncières nº 135, setembro-outubro de 2008 [1]
  46. Pivois, Marc (6 de decembro de 1997). "Dimanche, dans le Pas-de-Calais, premier tour de l'élection municipale. À Béthune, le système Mellick soumis au vote. Privé de ses mandats par la justice, l'ancien maire reste le patron.". Libération. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2016. 
  47. Maurice, Stéphanie (17 de agosto de 2004). "Mellick menacé d'une nouvelle élection.". Libération. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. 
  48. "Résultats des élections municipales 2020 Béthune (Pas-de-Calais)". élections.actu.fr. 
  49. "Municipales à Béthune: le maire UDI sortant, Olivier Gacquerre, est réélu". La Voix du Nord. 15 de marzo de 2020. 
  50. "La Voix du Nord : Stéphane Saint-André a réuni les Gauches". Les Radicaux de gauche. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  51. "Avec les Béthunois avant tout, Nathalie Delbart mène une liste de 37 noms". La Voix du Nord. 7 de marzo de 2020. 
  52. "Lensois-Héninois : le RN dévoile sept candidats pour les municipales de 2020". La Voix du Nord. 6 de setembro de 2019. 
  53. "À Béthune, Alternative éco-citoyenne met «l’écologie» en tête de liste". La Voix du Nord. 28 de febreiro de 2020. 
  54. "Taxe d’apprentissage". andre-malraux-bethune-enthdf.fr. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 19 de marzo de 2021. 
  55. "Organigramme". college-saint-vaast.eceb.fr. 
  56. "Organigramme". saint-dominique.eceb.fr. 
  57. "Centre Hospitalier de Béthune Beuvry (Béthune)". FHF. 
  58. "Clinique Anne d'Artois". HPL. 
  59. "Annuaire des clubs". Annuaire Mairie. 
  60. "Béthune: L’église des chrétiens baptistes de Béthune n’est plus sans domicile fixeBÉTHUNE L’église des chrétiens baptistes de Béthune n’est plus sans domicile fixe". La Voix du Nord. 5 de abril de 2017. 
  61. "À Béthune, on rêve de la future mosquée". L'Avenir de l'Artois. 6 de febreiro de 2016. 
  62. "Introduction". Association Musulmane de l’Agglomération Béthunoise. 
  63. 63,0 63,1 "Comparateur de territoireCommune de Béthune (62119)". insee.fr. 
  64. "Béthune - EMP2 - Emplois au lieu de travail par sexe, statut et secteur d'activité économique". INSEE. 2017. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  65. "France - EMP2 - Emplois au lieu de travail par sexe, statut et secteur d'activité économique". INSEE. 2017. Consultado o 19 de novembro de 2021. 
  66. "Béthune - EMP3 - Emplois au lieu de travail par sexe, catégorie socioprofessionnelle et secteur d'activité économique". [Ligazón morta].
  67. "France - EMP3 - Emplois au lieu de travail par sexe, catégorie socioprofessionnelle et secteur d'activité économique". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2012. Consultado o 11 de abril de 2021. .
  68. "Dossier complet. Béthune". 
  69. "Soixante-seize licenciements chez Mondi Packaging, entreprise quinquagénaire". La voix éco. 12 de outubro 2007. .
  70. "Firestone, un grand groupe industriel installé à Béthune, partenaire du rallye automobile". arnaudwillay.net. 14 de setembro de 2003. .
  71. "Bridgestone célèbre le 50e anniversaire de l'usine de Béthune". bridgestone.fr. 21 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 05 de xuño de 2021. .
  72. "Clap de fin pour l'usine Bridgestone de Béthune". tv5monde.com. 30 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2021. Consultado o 05 de xuño de 2021. 
  73. . "BÉTHUNE Le seul site Mc Cain au monde à produire des flocons déshydratés". La Voix du Nord. 2 de abril de 2017. .
  74. C'artouche (2000). Pas-de-Calais. Histoire d'un renouveau. París: Librairie Arthème Fayard. p. 253. ISBN 2-213-60733-8. .