Bádminton

deporte de raqueta

O bádminton[1] é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individual) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede.

Raquetas de bádminton.
Volante de bádminton.

A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante.

Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruce a pista por encima da rede e caia no campo do opoñente. O punto finaliza cando o volante toca o chan, despois de exceder a rede.

O bádminton é, desde os Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992, un deporte olímpico en cinco modalidades: individuais masculino e feminino, dobres masculino e feminino e dobres mixto. Nesta última, a parella está composta por un home e unha muller. Este deporte está fortemente dominado polos deportistas asiáticos: China, Indonesia e Corea do Sur conseguiron 28 medallas de ouro sobre 29.[2]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bádminton.
  2. Sevanova. "Fédération Française De Badminton | Historique". www.ffbad.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar