Azulenta alpina

Prunella collaris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Prunellidae
Xénero: Prunella
Especie: P. collaris
Nome binomial
Prunella collaris
(Scopoli, 1769)
Subespecies
Véxase o texto

A azulenta alpina (Prunella collaris) é unha ave paseriforme da familia Prunellidae[2] visible en ladeiras rochosas e prados de alta montaña. En inverno, a súa área de distribución é máis ampla, incluíndo altitudes menores. A súa cabeza é gris, o peteiro amarelado, as ás escuras e unha parte inferior e lateral riscada avermellada. Pola forma e comportamento, parécese ao Prunella modularis, pero en maior tamaño.

Prunella collaris collaris

A súa voz é en reclamo curto, tipo gorxeo, errático, cando está pousado ou en voo.

O seu niño é herbáceo, en fendas rochosas, con 3-5 ovos que pon en dúas niñadas, de maio a agosto.

Aliméntase peteirando no chan pequenos insectos, arácnidos, bagas e sementes.

A súa distribución é a alta montaña de Serra Nevada, Pireneos e Alpes; localmente, aparece en Italia e os Balcáns. Nos cumes do Mulhacén ou Catavento, resulta rechamante o seu comportamento extremadamente confiado ante a presenza do home.

No inverno pode acadar a costa, aínda que isto é moito máis raro.

Subespecies editar

Recoñécense as seguintes subespecies:[2]

Notas editar

  1. BirdLife International (2004). Prunella collaris. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
  2. 2,0 2,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan e C. L. Wood. (2010). "The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5". Consultado o 2 de xaneiro de 2012. 
  • Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar