Azawad[1][2] (tuareg: ⴰⵣⴰⵓⴷ[3], árabe: أزواد‎, francés: Azaouad ou Azaouâd[4]) foi un estado non recoñecido de curta duración que declarou unilateralmente a súa independencia despois do conflito no que o MNLA (Movemento Nacional de Liberación de Azawad) xunto con outros grupos derrotaron á Armada de Malí no 2012. O territorio reclamado comprendía as rexións de Tombouctou, Kidal, Gao e Mopti, todas as cales eran recoñecidas internacionalmente como parte de Malí.[5] O territorio controlado por Azawad limitaba con Malí e Burkina Faso polo sur, Mauritania polo oeste, Alxeria polo norte, e Níxer polo leste. Inicialmente os seus esforzos foron apoiados por varios grupos islamistas.

Modelo:Xeografía políticaAzawad
دولة أزواد المستقلة (ar)
État indépendant de l’Azawad (fr) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°16′N 0°03′O / 16.27, -0.05Coordenadas: 16°16′N 0°03′O / 16.27, -0.05
CapitalTombouctou Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.000.000 (2012) Editar o valor em Wikidata (3,22 hab./km²)
Xeografía
Superficie932.490 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación6 de abril de 2012 Editar o valor em Wikidata
Disolución2013 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoBilal Ag Acherif (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico223 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmnlamov.net Editar o valor em Wikidata

Gao era a meirande cidade do seu territorio e serviu temporalmente como capital,[6] mentres que Tombouctou, que é a segunda cidade en tamaño, era a pretendida capital das forzas independentistas.[7]

O 6 de abril de 2012, nun comunicado publicado na súa páxina web, o National Movement for the Liberation of Azawad, que era quen controlaba a rexión, declarou a "irrevogable" independencia de Azawad de Malí. O anuncio non foi apoiado por ningunha entidade estranxeira. O 26 de maio dese ano, o MNLA e o seu antigo inimigo Ansar Dine anunciaron un pacto no que se fusionarían para formar un estado islámico baixo a lei da xaria.[8]

Algunhas fontes posteriores indicaron que o MNLA decidira rachar co pacto, distanciándose de Ansar Dine.[9][10] Ansar Dine declarou máis tarde que rexeitaba a idea da independencia de Azawad.[11] Despois do colapso deste acordo efémero, o MNLA e Ansar Dine continuaron a loitar entre eles,[12] culminando na Batalla de Gao o 27 de xuño, no que os grupos islamistas "Movemento pola Unidade da Xihad en África Occidental" e Ansar Dine tomaron o control da cidade. O día seguinte, Ansar Dine anunciou que tiña o control de tódalas cidades do norte de Malío, poñendo fin ó estado.[13]

O 14 de febreiro de 2013, o MNLA renunciou o seu obxectivo da independencia para Azawad e expresou o seu desexo de comezar negociacións co goberno de Malí sobre o seu status futuro.[14][15]

Notas editar

  1. Clarín.com (31/05/2012). "Rebeldes tuareg e islamistas anuncian la creación de un estado escindido de Mali" (en español). Consultado o 27 de maio de 2012. 
  2. DiarioVasco.com (04/02/2012). "El norte de Malí ya es de los tuareg". DiarioVasco.com (en español). Consultado o 6 de abril de 2012. 
  3. "Mouvement National de Liberation de l'Azawad". Mouvement National de Liberation de l'Azawad. Mouvement National de Liberation de l'Azawad. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  4. "Déclaration d'indépendence de l'Azawad". Mouvement National de libération de l'Azawad. 6 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 6 de abril de 2012. 
  5. "Mali Tuareg rebels control Timbuktu as troops flee". BBC News. 1 de abbril de 2012. Consultado o 3 de abril de 2012. 
  6. "Tuaregs claim 'independence' from Mali". Al Jazeera. 6 de abril de 2012. Consultado o 6 de abril de 2012. 
  7. "Mali: A scramble for power". The Muslim News. 8 de abril 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 8 de abril de 2012. 
  8. BBC News, ed. (26 de maio de 2012). "Mali Tuareg and Islamist rebels agree on Sharia state". Consultado o 27 de maio de 2012. 
  9. Biiga, Bark (3 de xuño de 2012). "Nord Mali: le MNLA refuse de se mettre "en sardine"!" (en francés). FasoZine. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2012. 
  10. "Mali Islamists Reopen Talks With Tuareg Rebels". Voice of America. 2 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2012. 
  11. Google News, ed. (20 de xuño de 2012). "Mali Islamists want sharia not independence". Agence France-Presse. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 28 de xullo de 2012. 
  12. BBC News, ed. (8 de xuño de 2012). "Mali rebel groups 'clash in Kidal'". 
  13. Tiemoko Diallo; Adama Diarra (28 de xuño de 2012). "Islamists declare full control of Mali's north". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2012. 
  14. "Mali's Tuareg fighters end ceasefire". AlJazeera. 30 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  15. "Tuareg separatist group in Mali 'ends ceasefire'". BBC. 29 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar