Azafrán bravo

Planta bulbácea
Azafrán bravo

Crocus serotinus subsp. clusii nun piñeiral en Nazaré, (Portugal)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Iridaceae
Subfamilia: Crocoideae
Tribo: Croceae
Xénero: Crocus
Subxénero: Crocus
Sección: Crocus
Especie: C. serotinus
Nome binomial
'Crocus serotinus'
Salisb.

O azafrán bravo, alcroque ou sasafrán bravo[1] (Crocus serotinus) é unha especie botánica do xénero Crocus da familia das Iridaceae.

Entre herbas dos candís (Arisarum vulgare)
No seu hábitat
Vista da planta

Descrición editar

Planta de 6–12 cm, con bulbo, do que xorden directamente unhas longas e finas follas verdes e 1-3 flores de curto tubo formado por 6 pezas florais (tépalos), de cor rosa azulada, no centro das cales aparecen 3 longos estames e un estilo, dividido como unha "brocha" de escasos "pelos". Como o seu nome indica florea polo outono.[2]

Distribución e hábitat editar

Na Península Ibérica, en Portugal e Castela e León. En terreos fragosos e pasteiros.

Subespecies editar

Ten 3 subespecies:

 
Crocus serotinus subsp. salzmannii

Taxonomía editar

Crocus serotinus foi descrita por Richard Anthony Salisbury e publicado en Parad. Lond. t. 30 1806.[4]

Citoloxía

Número de cromosomas de Crocus serotinus (Fam. Iridaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=22.[5]

Etimoloxía

Crocus: nome xenérico que deriva da palabra grega: κρόκος ( krokos ).[6] Esta, á súa vez, é probabelmente unha palabra tomada dunha lingua semítica, relacionada co hebraico כרכום karkom, arameo ܟܟܘܪܟܟܡܡܐ kurkama e árabe كركم kurkum, o que significa " azafrán "( Crocus sativus ), "azafrán amarelo" ou a cúrcuma (véxase Curcuma). A palabra en última instancia remóntase ao sánscrito kunkumam (कुङ्कुमं) para "azafrán" a menos que sexa en si mesmo descendente da palabra semita.[7]

serotinus: epíteto latíno que significa "do serán".[8]

Sinonimia
  • Crocus asturicus Herb.
  • Crocus autumnalis Brot.
  • Crocus clusianus Herb.
  • Crocus clusii J.Gay
  • Crocus granatensis Boiss. ex Maw
  • Crocus nudiflorus Boiss., non Sm.
  • Crocus salzmannianus Herb.
  • Crocus salzmannii J.Gay
  • Crocus tingitanus Herb.

Notas editar

  1. En Termos esenciais de botánica (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) recoméndase o nome safrán bravo, mais a RAG só recoñece o nome xenérico de azafrán ou sasafrán.
  2. García Muñoz, B. (2004). Plantas de Ávila, mi ciudad. Ávila:Obra Social Caja de Ávila. ISBN 84-96264-09-2. 
  3. Blamey, M.; Grey-Wilson Chr (2008). Flores Silvestres del Mediterraneo. Barcelona:Omega. ISBN 978-84-282-1450-6. 
  4. "Azafrán bravo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  5. Proves Chromosome counts in the genus Crocus (Iridaceae). Brighton, C. A., B. Mathew & C. J. Marchant (1973) Kew Bull. 28(3): 451-464
  6. κρόκος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  7. http://www.etymonline.com/index.php?term=crocus
  8. en Epítetos Botánicos

Véxase tamén editar

Outros artigos editar