Axis: Bold As Love

Axis: Bold As Love é o segundo álbum da banda inglesa de rock psicodélico The Jimi Hendrix Experience, publicado o 1 de decembro de 1967 a través do selo Track Records. O disco chegou ao posto 5 das listas británicas e ao 3 das estadounidenses.

Axis: Bold As Love
Álbum de The Jimi Hendrix Experience
Publicado1 de decembro de 1967
Gravaciónmaio - outubro de 1967
Estudio(s)Olympic Studios, Londres
Duración39:21
Xénero(s)rock psicodélico, blues rock, acid rock, hard rock
Selo(s)Track, Barclay, Polydor, Reprise, MCA
Producido porChas Chandler
Cronoloxía
Are You Experienced Axis: Bold As Love Electric Ladyland

O álbum foi gravado para cumprir o contrato da banda, no que se acordara que debía producir dous discos en 1967. Aínda así, non foi lanzado nos Estados Unidos ata 1968 debido ao medo de que puidese afectar ás vendas do seu primeiro traballo. Noel Redding toca o baixo de oito cordas nalgunhas das súas cancións.

Xusto antes de rematar o disco, Hendrix deixou as cintas mestras da cara un nun taxi. Estas non foron nunca recuperadas, e esa cara tivo que ser mesturada novamente ás presas. O disco foi reeditado en marzo de 2010, e o son ten pequenas variacións con pequenos axustes realizados polo enxeñeiro de son de Hendrix, Eddie Kramer.

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "EXP"   1:55
2. "Up from the Skies"   2:55
3. "Spanish Castle Magic"   3:00
4. "Wait Until Tomorrow"   3:00
5. "Ain't No Telling"   1:46
6. "Little Wing"   2:24
7. "If 6 Was 9"   5:32
N.º Título Duración
8. "You Got Me Floating"   2:45
9. "Castles Made of Sand"   2:46
10. "She's So Fine" (Noel Redding) 2:37
11. "One Rainy Wish"   3:40
12. "Little Miss Lover"   2:20
13. "Bold as Love"   4:11