Axeladas (en latín Ageladas, e en grego Άγελάδας) ou Hagelaidas (esta última forma é a que aparece nas inscricións), é o nome de dous escultores gregos da escola de Argos e que un é o avó do outro[1] aínda que é algo que está en discusión.

Infotaula de personaAxeladas
Nome orixinal(grc) Αγελάδας Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Argos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo V a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
Período de actividade520 a. C. Editar o valor em Wikidata - 450 a. C. Editar o valor em Wikidata
AlumnosFidias Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Axeladas I editar

Se estima que debeu nacer polo 540 a.C.[2] e que traballou entre o 520 e o 490 a.C.,[3] e os textos antigos atribúenlle as seguintes obras:

  • Ofrendas votivas: cabalos de bronce e prisioneiros, cidadáns de Tarento en Delfos;[4] unha estatua dedicada por Praxíteles de Siracusa.[5]
  • Estatuas de atletas: efixie de Anochos de Tarento, gañador do estadio e dobre estadio nos Xogos;[6] armadura de Cleóstenes Epidamno, vencedor na carreira de carros da 66ª  Olimpiada (512 a.C.);[7] efixies de Timasiteo de Delfos que fora executado e de Anocos de Tarento, gañador de loita nos LXV Xogos Olímpicos e nos Xogos Délficos.[8]
  • Un grupo de musas , en colaboración con Arístocles e Canachas.

Axeladas II editar

O seu período de actividade abrangueu do 474 ao 430 a.C., data na que Plinio o Vello sitúa o seu apoxeo.[9] Fundou unha escola escultórica, na que se pensa que estudaron Mirón,[10] Fidias[2] e Policleto.[11] Malia que non se coñece gran cousa deste escultor, hai unha inscrición que sinala que o nome do seu fillo foi Argeiadas.

É moi coñecida a súa estatua representando a Zeus Ithomatas, feita para os mesenios de Naupactos,[12][13] e que foi reproducida nas moedas desa cidade, así como unha estatua de Zeus neno e un Heracles con barba, ámbolos dous encargados en Egio, Acaia.[14]

Notas editar

  1. A. Frickenhaus, «Hageladas», Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts no 26 (1911), p. 24-48.
  2. 2,0 2,1 Sillig (1836), p. 3-6
  3. Boardman (1994), p. 89
  4. Pausanias, Description de la Grèce (X, 10, 6); Fouilles de Delphes, t. III (1, 129 et 130).
  5. Dittenberg, W. e Purgold, K. (1897). Die Inschriften von Olympia, Berlin. Nº 266.
  6. Pausanias (VI, 14, 11).
  7. Pausanias (VI, 10, 6).
  8. Pausanias (VI, 8, 6).
  9. Plinio o Vello, Historia Natural (XXXIV, 49).
  10. Historia Natural (XXXIV, 57).
  11. Historia Natural (XXXIV, 55).
  12. Pausanias (IV, 33, 2).
  13. Alcock (2002), p. 159
  14. Pausanias (VII, 24, 4).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar