Axel Pehrsson-Bramstorp


Axel Alarik Pehrsson-Bramstorp, orixinalmente Axel Alarik Pehrsson, nado en 1883 e finado en 1954, foi un granxeiro e político, e o primeiro ministro de Suecia entre xuño e setembro de 1936.

Infotaula de personaAxel Alarik Pehrsson-Bramstorp
Nome orixinal(sv) Axel Pehrsson-Bramstorp Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1883 Editar o valor em Wikidata
Öja, Escania
Morte19 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Estocolmo
Lugar de sepulturaLilla Isie Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Primeiro Ministro de Suecia
Período19 de xuño de 1936 - 28 de setembro de 1936
AntecesorPer Albin Hansson
SucesorPer Albin Hansson
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estocolmo Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngranxeiro e político
Partido políticoBondeförbundet
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1948hemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Persson-8842 Find a Grave: 219744732 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de granxeiros, e aínda que a morte do seu pai fixo imposible que continuase os seus estudos despois dos 14 anos, máis tarde supliu esta carencia con algúns cursos de educación para adultos nunha folkhögskola. A granxa que os seus pais alugaran era con todo dun tamaño considerable, e na época do seu matrimonio puido comprar a granxa Bramstorp no mesmo distrito parroquial, mentres que logo asumiu a dirección da granxa paterna e tamén dalgunhas outras. Como parlamentario sería máis coñecido como "Axel Pehrsson de Bramstorp", ou só como "Bramstorp", e en 1937 agregou oficialmente o nome da granxa ao seu apelido familiar.

Mentres cimentaba a súa riqueza como agricultor, estivo activo en política social e rexional e en 1918 converteuse en membro da segunda cámara do Riksdag (Parlamento), representando ao Partido Liberal, pero non foi reelecto en 1921. Máis tarde adheriu ao partido agrario Bondeförbundet (a "Liga dos Granxeiros") e foi novamente electo en 1929 como membro da segunda cámara, onde permanecería até 1949. Foi presidente do partido entre 1934 e 1949.

Cando o gabinete social demócrata de Per Albin Hansson foi cesado pola maioría parlamentaria na primavera de 1936, Pehrsson recibiu o mandato do Rei Gustavo V de formar unha coalición de goberno non socialista. Isto resultou imposible, e Pehrsson dirixiu un gabinete monopartidario como primeiro ministro durante tres meses. Como o seu gabinete só permaneceu á fronte do país durante o verán, foi chamado "o goberno de vacacións". Pehrsson tamén ocupou nese breve período o cargo de ministro de Agricultura; tras as eleccións para a segunda cámara en setembro renunciou como primeiro ministro, pero permaneceu como ministro de Agricultura no novo gabinete de Hansson, que era unha coalición de social demócratas e o Bondeförbundet. Continuou na mesma posición no gabinete de coalición nacional que se formou, tamén baixo o liderado de Hansson, ao estalar a segunda guerra mundial en 1939 e que permaneceu até a fin da guerra en 1945.

Tras a renuncia do gabinete de coalición do período da guerra, Bramstorp mantivo importantes posicións nas organizacións de agricultores, á vez que continuou como presidente do seu partido e membro do Parlamento, ata que a enfermidade o forzou a retirarse en 1949. Foi galardoado co título de cabaleiro da Orde do Serafín ese mesmo ano, e viviu o resto da súa vida na súa granxa.

Primeiro Ministro de Suecia

Segue a:
Per Albin Hansson
Axel Pehrsson-Bramstorp
(xuño-setembro de 1936)

Precede a:
Per Albin Hansson
Bondeförbundet