Aviva Premiership 2012-2013

A tempada 2012-2013 da Aviva Premiership é a vixésimo sexta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga toma o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante empresa aseguradora.

Aviva Premiership
Fundación1987
RexiónInglaterra Inglaterra
Equipos12
Actual campiónHarlequins (1º título)
Máis laureadoLeicester (9 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

Formato da competición editar

O torneo está composto por 12 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación é o seguinte:

  • 4 puntos pola vitoria.
  • 2 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.
  • 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
  • 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

A liga comezou o 1 de setembro de 2012, e rematará o 25 de maio de 2013 coa gran final.

Táboa editar

  Aviva Premiership — Tempada 2012/13
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
  Saracens 77 22 17 1 4 5 2
  Leicester 74 22 15 1 6 7 5
  Harlequins 69 22 15 0 7 5 4
  Northampton 65 22 14 0 8 6 3
  Gloucester 60 22 12 1 9 2 8
  Exeter 59 22 12 1 9 4 5
  Bath 53 22 10 1 11 4 7
  Wasps 48 22 9 0 13 4 8
  Irish 35 22 7 1 14 2 3
10º   Sale 35 22 7 1 14 2 3
11º   Worcester 33 22 5 1 16 3 8
12º   Welsh Sancionado con 5 puntos 23* 22 5 0 17 1 7

<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>>


En azul      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).

Semifinais e final editar

  Semifinais Final
             
12 de maio, Londres
 1º. Saracens 13  
 4º. Northampton 27  
 
25 de maio, Londres
     4º. Northampton 17
   2º. Leicester 37
11 de maio, Leicester
 2º. Leicester 33
 3º. Harlequins 16  


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar