Avery Johnson, nado o 25 de marzo de 1965 en Nova Orleáns, Louisiana, é un ex xogador profesional e actual adestrador de baloncesto estadounidense. Na NBA adestrou aos Dallas Mavericks, liderándoos ata as Finais da NBA e a catro tempadas consecutivas con máis de 50 vitorias, e ós Nets, tanto en Nova Jersey coma en Brooklyn. Nos seus anos coma xogador, destacou na súa etapa nos San Antonio Spurs, con quen conseguiu o seu único campionato da NBA na tempada 1998-99.

Avery Johnson
Avery Johnson en 2008
Posición Base
Dorsal 15, 6, 5
Altura 1,80 m (5 ft 11 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Nacemento 25 de marzo de 1965 (59 anos)
Nova Orleáns, Louisiana
Carreira
Universidade New Mexico JC (1983-1984)
Cameron (1984-1985)
Southern (1986-1988)
Tempadas 19882004
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     8 817
Rebotes     1 751
Asistencias     5 846
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Traxectoria deportiva editar

Xogador editar

Na súa etapa no instituto, en 1983, Johnson liderou á St. Augustine High School de Nova Orleáns a unha marca de 35-0 e ao campionato da Class 4A de Louisiana State. Johnson se matriculou no New Mexico Junior College antes de irse á Cameron University, e finalmente á Southern University, na cal no seu ano sénior en 1988 liderou a NCAA con 13.3 asistencias por partido, récord de todos os tempos que aínda conserva. Tras a súa graduación en 1988, Johnson non foi elixido no Draft da NBA dese mesmo ano. Johnson asinaría máis tarde cos Seattle SuperSonics, e pasou os 16 anos coma xogador na NBA, incluíndo etapas nos Denver Nuggets, Houston Rockets, Golden State Warriors, e Dallas Mavericks. Johnson foi todo un trotamundos coma xogador, traspasado moi frecuentemente, ou incluso cortado, a súa etapa máis importante nos San Antonio Spurs (1991, 1992–1993, 1994–2001), en particular o seu papel nos Spurs de 1999 que gañaron o campionato contra os New York Knicks, no cal anotou no 5º partido a canastra que lles deu a vitoria e o título da NBA aos Spurs. Os San Antonio Spurs retiraron o número 6 de Johnson o 22 de decembro de 2007 nun partido na casa contra os Los Angeles Clippers. Foi ademais incluído no "San Antonio Sports Hall of Fame" o 20 de febreiro de 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar