Unha ave de curral é unha ave domesticada utilizada na alimentación, xa sexa en forma de carne ou polos seus ovos. A denominación inclúe tipicamente a membros das ordes Galiformes (tales como os polos e pavos) e Anseriformes (aves acuáticas como patos e gansos).

Aves de curral.

Con todo, esta non é unha clasificación estrita, e o termo pode facer referencia tamén a outros tipos de aves que son utilizadas na cociña, como as pombas. Para as aves como o faisán, paspallás e os patos salvaxes, utilízase comunmente o termo aves de caza.

Usos na alimentación editar

Aínda que practicamente todas as partes dunha ave son comestibles, as partes ou presas máis suculentas son os músculos pectorais do voo, chamados peituga, e os músculos do primeiro e segundo segmento das extremidades inferiores, chamados coxa e perna respectivamente; estas son as preferidas en cociña. Tamén se utilizan, aínda que en menor medida, as extremidades superiores ou ás, o pescozo, as patas e as vísceras.

Nos polos e, en xeral, en todas as aves que non teñen un voo sostido ou son non voadoras, os músculos pectorais non están adaptados para uso sostido, e teñen menos mioglobina transportadora de osíxeno que os músculos das extremidades inferiores. Presentan así unha cor máis branca, polo que á peituga adoita chamárselle "carne branca" en contraste coa "carne escura", como se chama ás demais partes. Nas aves voadoras, como as acuáticas e as de caza, os músculos pectorais están adaptados para o voo sostido, polo tanto, a súa carne é escura.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar