Avatar

encarnación terrestre dun deus no hinduísmo

Avatar (do sánscrito avatāra, que significa 'descenso') no hinduísmo, refírese á encarnación terrestre dunha deidade ou un deus. O termo emprégase con frecuencia para describir as distintas encarnacións de Vishnu, unha das principais deidades do hinduísmo, como Krishna, que se considera a oitava avatar de Vishnu.[1]

Catro avatares de Vishnu. De esquerda a dereita: Kalki, Buda, Krishna e Rama) expostos no Museo Internacional de Bonecos de Shankar, Delhi, India.

Tipos de avatares no hinduísmo editar

No contexto do hinduísmo, os avatares adoitan clasificarse baseándose na súa natureza e propósito, destacándose os Dasavatara ou os dez avatares principais de Vishnu, que inclúen a figuras como Krishna (o pastor divino), Rama (o príncipe virtuoso), e Buda ou Siddhartha Gautama (o iluminado), que se menciona en algúns textos como un avatar de Vishnu que veu para proporcionar un camiño cara á paz e a comprensión.[2]

Na tradición hindú, hai dez encarnacións principais ou avatares de Vishnu, coñecidos como o Dasavatara. Alén dos xa mencionados Krishna, Rama e Buda, os sete avatares restantes son:[3]

Kapila e Vyasa, aínda que son figuras importantes dentro do hinduísmo e ás veces se lles atribúe un status divino ou sagrado, non son tipicamente listados como parte do grupo principal do Dasavatara. Kapila é recoñecido como o gran sabio que fundou a filosofía do Samkhya, e Vyasa é coñecido como o compilador dos Vedas e autor do Mahabharata, onde o Bhagavad Gita está contido como parte da narrativa.[4][5][6]

 
Dasavatar, s. XIX, Acuarela e ouro sobre papel. Andhra Pradesh. Os dez avatares principais de Vishnu: dende a esquerda: Matsya, o peixe salvador; Kurma, a tartaruga celestial; Varaha, o xabaril divino; Narasimha, o poderoso home-león; Vamana, o anano xigante; Parashurama, o guerreiro co machado; Rama, o príncipe heroico; Balarama, o forte arado; Krishna, o pastor deus; e Kalki, o futuro redentor a cabalo

Avataras

Os Avataras poden ser de dous tipos: manusíacos e bodhisátvicos.[Cómpre referencia] Os manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano. Os bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Xesús, Tunupa ou Lao Tsé.[Cómpre referencia]

Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.[Cómpre referencia]

En galego editar

Na lingua galega, o termo avatar (en plural "avatares") adquiriu o significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios' na vida dunha persoa, tal como se recolle no DRAG.[7] O bUSCatermos tamén recolle o seu significado relativo ao uso nas personificacións ou disfraces.[8]

Uso moderno editar

Fóra do contexto relixioso, a palabra avatar adoptou un novo significado nas tecnoloxías da información e en Internet, onde se emprega para referirse á representación gráfica dun usuario, xa sexa a través dunha imaxe ou ilustración.[9]

Notas editar

  1. Klostermaier, Klaus K. (2007). A survey of Hinduism. Albany : State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-7081-7. 
  2. Doniger, Wendy (2009). The Hindus : an alternative history. Nova York : Penguin Press. ISBN 978-1-59420-205-6. 
  3. "Avatars of Vishnu; Lord Vishnu 10 avtars in Details". gitainsight.com (en inglés). Consultado o 2024-04-08. 
  4. The Encyclopedia of Indian Philosophies (en inglés). 
  5. Winternitz, M. (1927). A History Of Indian Literature,vol.1 (en inglés). 
  6. V. S. Sukthankar (1933-01-01). Prolegomena to the Critical Edition of Adi-parva of Mahabharata. 
  7. "avatar". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-04-11. 
  8. "avatar". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-04-08. 
  9. "Criador de Avatar 3D". IMVU (en inglés e portugués). Consultado o 2024-04-07. 

Véxase tamén editar