Automóbil de turismo

Un automóbil de turismo, tamén coñecido simplemente como turismo ou automóbil, é o tipo de automóbil destinado ao transporte de persoas, con polo menos catro rodas[1] e un máximo de nove prazas incluído o condutor.

Renault Supercinco, un automóbil de turismo con carrozaría hatchback.
Mercedes-Benz Clase C do Deutsche Tourenwagen Masters.

Outros termos para referirse a un automóbil de turismo son coche ou simplemente auto.

Carrozarías editar

Un automóbil de turismo pode ter unha, dúas ou tres filas de asentos e un maleteiro para transportar obxectos, principalmente equipaxe. Existen varios tipos segundo a súa carrozaría, como hatchback, liftback, sedán ou familiar, así como os automóbiles deportivos con carrozarías de tipo cupé ou convertible.

Diferenzas con outros automóbiles editar

O termo "automóbil de turismo" contrasta co de vehículo mixto en que este último se refire aos vehículos destinados ao transporte de persoas e mercancías, de forma simultánea ou non. Dentro deste grupo englóbanse vehículos como camionetas, furgonetas, pickups ou monovolumes.

Así mesmo, un autocar, aínda que tamén está destinado ao transporte de persoas, dispón de gran capacidade de prazas. O termo "autobús" pode utilizarse para referirse a un autocar ou para referirse a un automóbil de servizo público que realiza un itinerario regularmente.

Uso en automobilismo editar

Os automóbiles de turismo presentan modificacións respecto dos de serie para ser utilizados en competicións de automobilismo. Utilízanse habitualmente en disciplinas como rally e rallycross. Con todo, ao falar de carreiras de turismos refírese a automobilismo de velocidade. O Deutsche Tourenwagen Masters e o Campionato Mundial de Turismos son dous dos campionatos de turismos máis populares en Europa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar