Autódromo Oscar Alfredo Gálvez

Autódromo Oscar Alfredo Gálvez
Plano do Circuíto


Mostra a pista principal, con puntos de referencia para a extensión do lago, tal como se utilizaba para a F1 entre 1995 e 1998


Mostra a pista completa, incluídas a extensión de dar a volta ao lago, tal como se utilizaba para a F1 desde 1974 ata 1981

Datos
Inauguración 17 de outubro de 1952
Outros nomes Autódromo de Buenos Aires
1952–1955: Autódromo 17 de Octubre
1955–1989: Autódromo Municipal Ciudad de Buenos Aires
1989–2008: Autódromo Oscar Alfredo Gálvez
Carreiras Turismo Carretera
Súper TC 2000
TC 2000
Top Race
track Day Argentina
Campionato Mundial de Motociclismo
Fórmula 1
Localización Buenos Aires, Arxentina
Capacidade
Lonxitude 5´810 km
Curvas 15
Volta rápida (1997) 1:27.981
Piloto récord Gerhard Berger
Escudería récord Benetton Formula-Renault
Coordenadas Coordenadas: 34°41′39″S 58°27′34″O / -34.694272222222, -58.459347222222
Vista do Circuíto
Vista

O Autódromo Oscar Alfredo Gálvez é un autódromo situado na Cidade de Bos Aires, Arxentina. Foi inaugurado en 1952 durante a presidencia de Juan Domingo Perón, grazas á iniciativa de varios corredores arxentinos entre os que se atopaba Juan Manuel Fangio. Debido á súa infraestrutura é coñecida como a Catedral do Automobilismo Arxentino, foi sede en vinte oportunidades do Gran Premio da Arxentina.

Historia editar

O autódromo foi construído por iniciativa de varios corredores arxentinos, entre os que se atopaba o gañador do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951, Juan Manuel Fangio. Ante o desenvolvemento do automobilismo arxentino, o goberno do Presidente Juan Domingo Perón decidiu construír o autódromo no sur da Cidade de Bos Aires, nun predio de máis de 200 ha, no barrio de Vila Riachuelo. O autódromo foi inaugurado o 9 de marzo de 1952, baixo o nome de Autódromo 17 de Outubro, en honra á "xornada histórica" de apoio ao entón Coronel Perón.

Para a inauguración foron organizadas tres probas, pero a máis importante foi a realización da Copa Perón na modalidade Fórmula Libre, gañada por Juan Manuel Fangio. Fangio tardou 1:17.19.230 h para cubrir as 30 voltas do circuíto 4 do autódromo, ao mando dunha Ferrari 166FL. En segundo lugar chegou Froilán González co seu Ferrari 166C e terceiro o brasileiro Francisco Landi no seu Ferrari 125C.

En 1953 correuse alí o primeiro Gran Premio da Arxentina, a primeira carreira fóra de Europa, gañado nesa ocasión polo piloto italiano Alberto Ascari, que corría para a Scuderia Ferrari. O corredor arxentino Juan Manuel Fangio tivo que abandonar na volta 36 cando fallou a transmisión do seu Maserati. Durante esa carreira ocorreu un accidente que se cobrou a vida de 9 persoas. Outra Carreira memorable que levouse a cabo en 9 edicións foron os 1000 Km de Bos Aires, que se disputaron entre 1954 e 1972.


Circuítos editar

O autódromo conta na actualidade con varios trazados:

  • Circuíto N°5: Circuíto histórico, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais, é o circuíto máis curto.
  • Circuíto N°6: É moi utilizado por categorías intermedias. Conta cunha parte rápida e cunha trabada. Destaca a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Escorregadoiro.
  • Circuíto N°7: Extremadamente veloz, se continua utilizando hoxe en día en categorías zonais,
  • Circuíto N°9: Utilizouse no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1 durante a década de 1990. É un circuíto moi trabado. Destaca a curva de Ascari e a S de Senna construída especialmente para o Gran Premio.
  • 'Circuíto N°12:' É o escenario que utiliza o Turismo Carretera, e no 2010 utilizárono tamén o Top Race, o TC 2000 para os 200 km de Buenos Aires. Conta con tres longas rectas, o curvón Salotto, a "S" do Ciervo e a chicana de Ascari. A "S" do Ciervo orixinal volveuse a usar na última carreira de Turismo Carretera.
  • Circuíto N°15: Era utilizada para a realización do Gran Premio de fórmula 1 entre os anos 1974 ao 1981, O trazado é igual ao nº 12 pero utilizando a zona dos mixtos, onde se atopan a Curva da Viborita, o Ombu e a Baixada do Escorregadoiro.
  • Circuíto N°2: É igual que trazado nº 9, coa diferenza que o sector da forquita estendíase 250 metros máis aproximadamente. Este trazado non se utilizara máis xa que en lugar da antiga forquita construíuse un kartódromo e para rematar a tribuna da forquita construída para o Gran Premio.

Curvas e detalles editar

  • En marrón claro: Bancos de material solto
  • En azul: Boxes
  • En magenta: Tribunas
  • En celeste: Lago
  • En gris claro: Kartódromo

 

  • Recta principal:
  • Curva N° 1:
  • S do ciervo:
  • Recta do fondo:
  • Curvón de Salotto:
  • Recta do lago:
  • Curva de Ascari (Eliminada):
  • Chicana de Ascari:
  • Entrada aos mixtos:
  • La vivorita:
  • Curva do ombú:
  • Curva do cajón:
  • S de Senna:
  • Tobogán:
  • Forquita de Parga:
  • Forquita larga (Eliminada):
  • Curva da confitería:
  • Curvón N° 8:

Todos os gañadores de Fórmula 1, no autódromo Oscar Alfredo Gálvez editar

Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1953   Alberto Ascari Ferrari Ferrari P 3:01:04,600 h 3,912 km 97 125,736 km/h 18. xaneiro   Arxentina
2 1954   Juan Manuel Fangio Maserati Maserati P 3:00:55,800 h 3,912 km 87 112,865 km/h 17. xaneiro
3 1955   Juan Manuel Fangio Mercedes Mercedes C 3:00:38,600 h 3,912 km 96 124,738 km/h 16. xaneiro
4 1956   Juan Manuel Fangio/
  Luigi Musso
Ferrari Ferrari E 3:00:03,700 h 3,912 km 98 127,748 km/h 22. xaneiro
5 1957   Juan Manuel Fangio Maserati Maserati P 3:00:55,900 h 3,912 km 100 129,729 km/h 13. xaneiro
6 1958   Stirling Moss Cooper Climax C 2:19:33,700 h 3,912 km 80 134,547 km/h 19. xaneiro
7 1960   Bruce McLaren Cooper Climax D 2:17:49,500 h 3,912 km 80 136,242 km/h 7. xaneiro
8 1972   Jackie Stewart Tyrrell Ford G 1:57:58,820 h 3,345 km 95 161,607 km/h 23. xaneiro
9 1973   Emerson Fittipaldi Lotus Ford G 1:56:18,220 h 3,345 km 96 165,663 km/h 28. xaneiro
10 1974   Denis Hulme McLaren Ford G 1:41:02,010 h 5,968 km 53 187,841 km/h 13. xaneiro
11 1975   Emerson Fittipaldi McLaren Ford G 1:39:26,290 h 5,968 km 53 190,855 km/h 12. xaneiro
12 1977   Jody Scheckter Wolf Ford G 1:40:11,190 h 5,968 km 53 189,429 km/h 9. xaneiro
13 1978   Mario Andretti Lotus Ford G 1:37:04,470 h 5,968 km 52 191,813 km/h 15. xaneiro
14 1979   Jacques Laffite Ligier Ford G 1:36:03,210 h 5,968 km 53 197,580 km/h 21. xaneiro
15 1980   Alan Jones Williams Ford G 1:43:24,380 h 5,968 km 53 183,531 km/h 13. xaneiro
16 1981   Nelson Piquet Brabham Ford M


1:34:32,740 h 5,968 km 53 200,731 km/h 12. abril
17 1995   Damon Hill Williams Renault G 1:53:14,532 h 4,259 km 72 162,474 km/h 9. abril
18 1996   Damon Hill Williams Renault G 1:54:55,322 h 4,259 km 72 160,099 km/h 7. abril
19 1997   Jacques Villeneuve Williams Renault G 1:52:01,715 h 4,259 km 72 164,234 km/h 13. abril
20 1998   Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:48:36,175 h 4,259 km 72 169,414 km/h 12. abril

Rékords
Piloto: Juan Manuel Fangio (4) • País piloto: Arxentina/Reino Unido (ambos 4) • Construtor: Williams (4) • Motor: Ford (9) • Pneus: Goodyear (12)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar