Australopithecus africanus

especie de homínido

Australopithecus africanus
Rango fósil: Plioceno

Caveira
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Australopithecus
Especie: A. africanus
Nome binomial
Australopithecus africanus
Dart, 1925

O Australopithecus africanus é unha especie homínida do xénero Australopithecus cunha antigüidade de entre 3,3 e 2,5 millóns de anos, no Plioceno. O A. africanus estaba máis evoluído que o Australopithecus afarensis, cun cranio máis arrondeado e semellante ao humano, e o cerebro máis grande en relación ao tamaño do corpo.

Características editar

 
Australopithecus africanus

O nome deullo Raymond Dart ao describir o Neno de Taung en 1924, o primeiro fósil austolopitecino que se atopou, aínda que foi rexeitado nun primeiro momento pola comunidade científica. En 1936 Robert Broom descobre en Sterkfontein o segundo fósil da especie, Broom continúa as escavacións en Sterkfontein ata 1947, ano no que se descobre o fósil coñecido como Mrs Ples, un esqueleto case completo dun A. africanus macho, o que corroborou as investigacións de Dart. A maioría dos fósiles de A. africanus atopáronse en Suráfrica, cuns poucos restos en Koobi Fora e outros lugares de África.

O Australopithecus africanus era bípede, pero tamén podía abalarse entre as árbores, e aínda que podía empregar esporadicamente útiles, non era cazador. O seu peso estímase entre 30 e 60 kg e a altura en 1,5 m