Austin Rivers

baloncestista estadounidense

Austin James Rivers, nado o 1 de agosto de 1992 en Santa Monica (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA). É fillo de Doc Rivers, ex xogador e actual adestrador da NBA.

Austin Rivers
Minnesota Timberwolves
Posición Escolta / Base
Información persoal
Nacemento 1 de agosto de 1992 (31 anos)
Santa Monica (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Winter Park HS
Universidade Duke (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por New Orleans Hornets
Carreira dende 2012
Historial de equipos
New Orleans Hornets / Pelicans (2012–2015)
Los Angeles Clippers (2015–2018)
Washington Wizards (2018)
Houston Rockets (2018–2020)
New York Knicks (2020–2021)
Denver Nuggets (2021–2022)
Minnesota Timberwolves (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

Rivers foi seleccionado na 10ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets.[1] Escolleu o número 25, o mesmo que levou o seu pai cando xogaba na NBA. O 24 de xullo de 2012, Rivers asinou un contrato de 3 anos cos Hornets.

O 12 de xaneiro de 2015, Rivers foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Pelicans e os Memphis Grizzlies.[2] Tres días máis tarde, foi traspasado ós Los Angeles Clippers, equipo adestrado polo seu pai Doc Rivers, nun traspaso entre Celtics, Clippers e Phoenix Suns.[3] O 16 de xaneiro de 2015, Rivers fixo o seu debut cos Clippers, e converteuse no primeiro xogador na historia da NBA en xogar para o seu pai.[4]

O 26 de xuño de 2018, Rivers foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Marcin Gortat.[5] O 17 de decembro de 2018, os Wizards traspasaron a Rivers xunto a Kelly Oubre Jr. ós Phoenix Suns a cambio de Trevor Ariza.[6] Ó día seguinte, Rivers foi cortado polos Suns.[7]

O 24 de decembro de 2018, Rivers asinou cos Houston Rockets.[8]

O 27 de novembro de 2020, Rivers asinou cos New York Knicks.[9]

O 25 de marzo de 2021, Rivers foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Philadelphia 76ers,[10] e foi cortado tres días máis tarde.[11]

O 20 de abril de 2021, Rivers asinou cos Denver Nuggets un contrato de dez días.[12] Dez días máis tarde, asinou cos Nuggets para o resto da tempada.[13] O 1 de setembro de 2021, Rivers renovou o seu contrato cos Nuggets.[14]

O 14 de xullo de 2022, Rivers asinou un contrato dun ano cos Minnesota Timberwolves.[15]

Notas editar

  1. "Hornets take Davis with No. 1 pick in Draft". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  2. Boston Celtics Complete Three-Team Trade
  3. LOS ANGELES CLIPPERS ACQUIRE AUSTIN RIVERS IN THREE-TEAM TRADE
  4. Stein, Marc (16 de xaneiro de 2015). "Austin Rivers to L.A. in 3-team deal". ESPN. Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  5. Rosen, Zach (26 de xuño de 2018). "Wizards boost backcourt with Rivers trade". NBA.com. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  6. "Phoenix Suns Complete Trade with Washington Wizards". NBA.com. 17 de decembro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2018. 
  7. "Phoenix Suns Waive Austin Rivers". NBA.com. 18 de decembro de 2018. 
  8. "Rockets Sign Free Agent Austin Rivers". NBA.com. 24 de decembro de 2018. Consultado o 24 de decembro de 2018. 
  9. "Knicks Sign Austin Rivers". NBA.com. 27 de novembro de2020. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  10. "Thunder Acquires Tony Bradley, Austin Rivers, Two Second-Round Draft Picks and Generates Trade Exception". NBA.com. 25 de marzo de 2021. 
  11. "Thunder Waives Austin Rivers". NBA.com. March 28, 2021. Consultado o 16 de abril de 2021. 
  12. "Denver Nuggets Sign Austin Rivers to 10-Day Contract". NBA.com. 20 de abril de 2021. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  13. "Denver Nuggets sign Austin Rivers". NBA.com. 30 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  14. "Denver Nuggets Re-Sign Austin Rivers". NBA.com. 1 de setembro de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  15. "Free agent Austin Rivers agrees to 1-year deal with Minnesota Timberwolves". ESPN.com. 15 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar