A austenita, tamén coñecida como aceiro gamma (γ) é unha aliaxe metálica non magnética de átomos de ferro e carbono. Esta é a forma estable do ferro puro a temperaturas que oscilan entre os 900 °C a 1400 °C. Está formado por unha disolución sólida do carbono en ferro, o que supón unha porcentaxe máxima de C do 2,11% (este valor debe tomarse como referencia, xa que a porcentaxe real varía en función doutros elementos de aliaxe presentes no aceiro). A austenita é dúctil, branda e tenaz. É a forma cúbica centrada nas caras (FCC) do ferro.

Estrutura cristalina da austenita. O ferro (en gris) está disposto nun retículo cúbico e nos centros das caras, mentres que o carbono (en azul) está presente como defecto instersticial.
Diagrama de fase de ferro-carbono

No plano aceiro-carbono, a austenita existe por riba da temperatura crítica eutectoide de 1000 K (727 °C); outras ligas de aceiro posúen temperaturas eutectoides diferentes. A austenita é considerada a fase matriz ou punto de partida para a transformación noutras fases, como a ferrita (ferro α), cementita (Fe3C) e grafita.

A estrutura cristalina da austenita é do tipo cúbica, de caras centradas, onde se dilúen en solución sólida os átomos de carbono nos intersticios, ata un máximo tal como mostra o diagrama de fase Fe-C. Esta estrutura permite unha mellor difusión co carbono, acelerando así o proceso de carburación do aceiro. A solubilidade máxima é só do 2,11%. Hai que lembrar que por definición os aceiros son aquelas aliaxes do diagrama Fe-Fe3C nas que, á suficiente temperatura, todo o carbono queda disolto en ferro γ. Por iso a porcentaxe máxima de carbono nun aceiro, para ser considerado como tal é do 2,11%.

A austenita non é estable a temperatura ambiente excepto nalgúns aceiros inoxidables con altos contidos de manganeso (12%) e aceiros inoxidables austeníticos con contidos en níquel de ao redor do 8%, xa que o níquel ten o efecto de agrandar a rexión austenítica no diagrama de fase de ferro ao carbono, o que a fai estable a temperatura ambiente. A austenita é branda e dúctil e, en xeral, a maioría das operacións de forxa e laminado de aceiros efectúase a aproximadamente os 1100 °C, cando a fase austenítica é estable.

Finalmente, a diferenza da ferrita, a austenita non é ferromagnética a ningunha temperatura.

A austenita recibe o seu nome de sir William Chandler Roberts-Austen, metalúrxico inglés. Roberts-Austen, que morreu en Londres en 1902 á idade de 59 anos, estudou impurezas en metais puros. A súa investigación e melloras foron utilizadas nunha variedade de usos e afectaron cumpridamente o mundo industrializado.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Millán Gómez, Simón (2006). Procedimientos de Mecanizado. Madrid: Editorial Paraninfo. ISBN 84-9732-428-5. 
  • Sandvik Coromant (2006). Guía Técnica de Mecanizado. AB Sandvik Coromant 2005.10. 
  • Larbáburu Arrizabalaga, Nicolás (2004). Máquinas. Prontuario. Técnicas máquinas herramientas. Madrid: Thomson Editores. ISBN 84-283-1968-5. 
  • Varios autores (1984). Enciclopedia de Ciencia y Técnica. Salvat Editores S.A. ISBN 84-345-4490-3. 
  • Luis Colasante. (2006). L’étude des superficies de l’acier inoxydable austénitique AISI 304 après une déformation plastique et un procédé d’abrasion. Venezuela, Mérida: Universidade de Los Andes.