Aulostomidae
Rango fósil: Eoceno-Recente

Aulostomus maculatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Syngnathiformes
Familia: Aulostomidae
Xénero: Aulostomus
Lacepède 1803
Especies

ver en el texto

Sinonimia
  • Aulostamus
  • Aulostoma
  • Polypterichthys
  • Solenostoma[1]

Aulostomus é o único xénero de peixes mariños da familia Aulostomidae, incluídos na orde Syngnathiformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.[2]

A. maculatus.
A. chinensis.

O seu nome procede do grego: aulos (frauta) + stoma (boca),[3] pola forma tan alongada da súa boca. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno inferior, durante o Paleóxeno (era Cenozoica).[4]

Morfoloxía editar

Teñen un corpo comprimido e moi alongado, cunha lonxitude máxima rexistrada de 100 cm,[5] pel con escamas; a mandíbula inferior con barbas carnosas na punta; ben desenvolvida a liña lateral; a musculatura do corpo está soportada por postes óseos que parecen entrelazados, cunhas 60 vértebras.[2]

Teñen unha serie de 8 a 12 espiñas dorsais illadas precedendo a aleta dorsal contendo de 23 a 28 raios brandos; aleta anal con 25 a 28 raios brandos; as aletas pélvicas están situadas lonxe do ano; a aleta caudal é redondeada.[2]

Hábitat e modo de vida editar

Normalmente atópase sobre arrecifes xunto a grandes peixes herbívoros ou en orientación vertical coa cabeza boca-abaixo, axexando así camuflados entre algas para capturar pequenos peixes e crustáceos.[2]

Especies editar

Existen só 3 especies nesta familia e xénero:[6]

Notas editar

  1. Bailly, N. (2014). Aulostomus Lacepède, 1803. In: Froese, R. and D. Pauly. Editors. (2014) FishBase. Accessed through: World Register of Marine Species at http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=205363 Consultado o 26 de outubro de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Nelson, J.S. (1984). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). New York. pp. 523 p. 
  3. Romero, P. (2002). unpublished, ed. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid. 
  4. Berg, L.S. (1958). VEB Verlag der Wissenschaften, ed. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín. 
  5. http://www.fishbase.org/references/FBRefSummary.php?ID=26340
  6. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Aulostomidae (TSN 166409)" (en inglés). 

Véxase tamén editar