August Heinrich Petermann, nado en Bleicherode, preto de Nordhausen, en 1822 e finado en 1878, foi un xeógrafo e cartógrafo alemán.

August Petermann
Nome completoAugust Heinrich Petermann
Nacemento18 de abril de 1822 e 1822
Lugar de nacementoBleicherode
Falecemento25 de setembro de 1878 e 1878
Lugar de falecementoGotha
Soterradomain cemetery Gotha
NacionalidadeReino de Prusia
EtniaPobo alemán
Alma máterGeographical Art School
Ocupacióncartógrafo, ilustrador científico e xeógrafo
PremiosFounder’s Medal
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu aos dezasete anos entrou na Escola xeográfica de arte de Potsdam e en 1845 trasladouse a Edimburgo para traballar como axudante de Keith Johnston na realización dunha edición inglesa do Atlas de Xeografía Física de Heinrich Berghaus.

En 1847 pasou a residir en Londres e en 1854 converteuse director do Instituto Xeográfico de Justus Perthes de Gotha, e fundou a revista Petermanns_Geographische_Mitteilungen en 1855. Petermann foi o editor da 4ª, 5ª e 6ª edicións do Stielers Handatlas.

A súa obra axudou a fixar a xeografía do interior de África e das rexións do Polo Norte.