Augapesada, Ames, Ames

lugar da parroquia de Ames, no concello de Ames

Augapesada é un lugar da parroquia de Ames no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Tiña 135 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 65 homes e 70 mulleres.

Augapesada

Vista do lugar
ParroquiaAmes
ConcelloAmes
Coordenadas42°53′24″N 8°39′03″O / 42.8901, -8.6507Coordenadas: 42°53′24″N 8°39′03″O / 42.8901, -8.6507
Poboación144 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O topónimo Augapesada fai referencia ao punto onde se cruza o rego de Aveneiral, no camiño real que ía de Santiago de Compostela a Fisterra, onde aínda se conserva unha ponte dun só arco. Malia que en orixe a forma era Auga Pasada, xa no século XIV se rexistra como Agoa Pesada.[1]

Historia editar

Cando se constituíu o concello de Ames, Augapesada foi a primeira sede da casa consistorial.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Ames editar

Lugares da parroquia de Ames no concello de Ames (A Coruña)

Augapesada | Barouta | Carreira | Castelo | Castiñeiro de Lobo | Cruxeiras | Lamas | Oca | Outeiro | Padrón | Pedras | Pedrouzos | Pegariños | Pousada | Proupín | Quintáns | Seares de Abaixo | Seares de Arriba | Vilar

Parroquias de Ames editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar