A augada[1] é unha técnica pictórica que consiste en mesturar distintas cantidades de auga ou alcol con diversas tintas. Permite a utilización dunha ampla gama cromática a partir dunha única cor de base (normalmente negro ou sepia, ou cores ocres e verdosos), mediante esfumados. Aplícase normalmente con pincel. A dificultade, e á vez a beleza, desta técnica, consiste en saber diluír correctamente a tinta e plasmar sobre o debuxo as distintas gamas, variando entre a luz intensa e a sombra total.

Pedro de Valpuesta, O sacrificio de Isaac, cara a 1656, debuxo a pluma e augada. The Art Institute of Chicago.

Tradicionalmente utilízanse cores de acuarela ou, como variante, tinta chinesa, aínda que esta resulta menos dúctil (produce saltos ou cortes no ton do degradado). Hai que empezar pintando o máis brillante e indo sucesivamente cara ao escuro, xa que as capas superpóñense unhas enriba doutras. Garda en común coa acuarela, ademais, o papel, que debe de ter o grosor suficiente para non cambarse.

A súa ampla utilización xorde na Idade Media, grazas á mellora de calidade de varios tipos de papel. Xa é mencionada por Cennino Cennini no seu tratado sobre pintura, datado no ano 1437.

Pintores que utilizaron a augada editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augada.
  2. "Edición do domingo, 12 abril 1970, páxina 45 - Hemeroteca - Lavanguardia.es". hemeroteca.lavanguardia.com. Consultado o 2 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar