Na física matemática contemporánea, un atractor pode ser definido como o conxunto de comportamentos característicos para os que evoluciona un sistema dinámico independentemente do punto de partida.

Atractor de Roessler

Exemplos editar

Un exemplo clásico dun atractor é unha bola rolando sobre un plano. Debido ao efecto do atrito o movemento da bola tenderá a converxer sempre para unha situación cuxa velocidade é nula. Este é o atractor, o movemento cero.

Outro exemplo de atractor é un péndulo en movemento. O seu balanceo, sempre tenderá a converxer a unha oscilación de período constante; entón, o atractor é ese período constante.

Tipos editar

Un sistema dinámico pode evolucionar para:

  • un atractor fixo - (Por exemplo, unha bola a xirar ao redor dunha cova acaba por se fixar no fondo da cova, por acción da gravidade).
  • un atractor periódico - (Por exemplo, no caso do padrón cíclico de oscilación dun péndulo, entre un certo número de estados fixos, o atractor é un ciclo límite).
  • un atractor estraño - (O sistema flutúa para sempre entre varios estados dun modo que non é aleatorio, nin é fixo, nin oscilatorio, mais si unha flutuación continua caótica).

Os sistemas máis complexos posúen os tres tipos de atractores; unhas condicións iniciais diferentes non só levan a comportamentos diferentes senón tamén a tipos de comportamento diferentes.

 
Un atractor estraño: O atractor de Lorenz.

Atractor estraño editar

Un atractor é estraño se ten dimensión de Hausdorff non enteira (ou "fractal") ou se a dinámica no atractor é caótica.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar