A atonalidade[1] (do grego α: ‘sen’ e τόνος tónos 'tonalidade') é o sistema musical que carece de toda relación dos tons dunha obra cun ton fundamental e de todos os lazos harmónicos e funcionais na súa melodía e acordes, sen estar suxeito ás normas da tonalidade.

Ao sistema oposto da atonalidade non se lle debe de chamar "tonalismo", senón, «sistema tonal».

Máis especificamente, o termo describe a música que non se axusta ao sistema de xerarquías tonais que caracterizaba ao son da música europea entre o século XVII e os primeiros anos do XX.

Os centros tonais substituíron gradualmente os sistemas de organización modal que se desenvolveron desde o 1500 e que culminaron co establecemento do sistema de modo maior e menor entre fins de século XVI e mediados do XVII.

Un oínte atento a obras particularmente dos períodos Barroco, Clásico ou Romántico, ou obras como unha ópera de Antonio Vivaldi, unha sonata de Beethoven (1770-1827), é capaz de advertir o final poucos compases antes de que finalice un fragmento.

O sistema tonal é o substrato en que se basearon case todos os compositores entre 1600 e 1900. Nesas obras musicais existe un son que actúa como centro de atracción de toda a obra. Aínda que no transcurso da mesma cambiouse moitas veces de centro tonal por medio de modulacións, por convención cara ao final sempre prevalecía a forza dese núcleo orixinal e a composición terminaba ao chegar á tónica, ou sexa o son de atracción (en grego τόνος significa ‘tensión’).

O principio básico da atonalidade consiste en que ningún son exerza atracción sobre calquera outro son que se atope nas súas proximidades. Por iso o oínte non pode predicir nin sequera unha nota antes, si está ao final dunha frase musical (a cal, aparentemente, cesa en calquera momento) sinxelamente porque non existiu ningún centro tonal.

Notas editar

  1. atonalidade

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Música y educación: Revista trimestral de pedagogía musical, 0214-4786, Ano nº 19, Nº 66, 2006, páxs. 51-74. Autores:José Antonio Ordoñana Martín, Arantza Almoguera Martón, Fernando Sesma, Ana Laucirica Larrinaga