Tarawa
Tarawa (norte) e Maiana (sur) desde o espazo (1998)
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2010) 56.284 hab.
Superficie 33´7 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 24
Coordenadas 1°25′N 173°02′L / 1.417, -173.033
Maior Altura
Localización
Localización do atol Tarawa

Tarawa é un atol no océano Pacífico central que foi a capital da antiga colonia británica das Illas Gilbert e Ellice. Tarawa Sur, a parte do sur do atol, salvo Betio, é agora a illa capital da República de Kiribati. A illa é famosa por acoller a batalla de Tarawa durante a segunda guerra mundial.

Xeografía editar

Tarawa está formada por un mínimo de 24 illotes, dos cales 8 están habitadas. A cidade máis grande (Bikenibeu), o aeroporto internacional de Tarawa e o aeroporto de Bonriki atópanse no Tarawa Sur (Bairiki).

Illotes editar

 
Aldeas de Tarawa

Vilas e aldeas editar

Abatao - Bairiki (Tarawa Sur) - Bikenibeu - Bonriki - Buariki - Buota - Eita - Marenanuka - Taborio - Teaoraereke

Administración editar

Este atol ten tres subdivisións administrativas:

  • Teinainano Urban Council (ou TUC, en inglés), de Bairiki a Bonriki, e coñecido en inglés como South Tarawa, é a capital da república;
  • Betio Town Council (ou BTC), no illote de Betio;
  • North Tarawa ou Tarawa Ieta (todos os illotes da parte norte).

O principal centro administrativo da República de Kiribati atópase na illa de Bairiki, un dos illotes no sur de Tarawa. Pero o Parlamento atópase situado no illote de Amboy parte da administración está en Betio ou en Bikenibeu e ata unha en Kiritimati.

Historia editar

 
Defensas xaponesas da segunda guerra mundial

Durante a segunda guerra mundial Tarawa foi ocupada polas tropas xaponesas e o 20 de novembro de 1943 comezou unha sanguenta batalla (a batalla de Tarawa) cando as tropas americanas tomaron terra nos atois de Tarawa e Makin baixo forte fogo xaponés.

Esta illa tamén foi tomada como base dun xogo de vídeo Medal of Honor: Pacific Assault.

Economía editar

No illote de Betio atópase o principal porto a través do cal expórtase a copra e as perlas que son as principais exportacións da illa.

Demografía editar

A poboación en 1990 era de 28.802 persoas. A poboación é principalmente de orixe micronesio.

O libro The Sex Lives of Cannibals por J. Maarten Troost é unha narración cómica dos dous anos que pasou o autor na illa de Tarawa.