Mili
Atol Mili
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal Mili
Linguas
Poboación (2002) 854 hab.
Superficie 16 km²
Superficie lagoa 763 km²
Nº de illas 92
Coordenadas 06°08′00″N 171°55′00″L / 6.13333, -171.91667
Maior Altura
Localización
Localización do atol Mili

Mili é un atol de 92 illas pertencentes ás Illas Marshall no océano Pacífico. A área total abarca 16 km² e a lagoa ocupa 763 km². A cidade principal tamén se chama Mili. Nela atópanse múltiples vestixios da segunda guerra mundial. A lei prohibe eliminar eses restos da illa. A poboación en 1999 ascendía a 1032 persoas.

O atol Mili é un atol de 92 illas no océano Pacífico, forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 78 km. ao sueste de Arno. A súa superficie total é de 14´9 km² polo que é o segundo máis grande das Illas Marshall logo de Kwajalein. Encerra unha lagoa, cunha superficie de 760 km². O atol está separado por unha canle de auga chamado paso Klee do atol Knox, que é considerablemente menor. A poboación do atol Mili era de 1032 habitantes en 1999. A aldea principal tamén se chama Mili. Outras aldeas son Nallu, Enejet, Lukonor, Tokewa, e Wau. Nallu, Enejet e Lukonwor só son accesibles desde Mili por terra durante a baixamar. Só Mili e Enejet, teñen pistas de aterraxe para avións pequenos. O aeroporto de Mili e o aeroporto de Enejet son atendidos por Air Marshall Islands.

Historia editar

O infame negreiro Bully Hayes foi propietario do illote Tokowa en Milla durante o século 19 usouna como base para as súas operacións. O atol Mili foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Os alemáns estableceron un centro de comercio e en 1870 unha igrexa cristiá. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. En Mili atopabase unha estación de radio e unha estación meteorolóxica, pero en 1942 durante a segunda guerra mundial instalouse unha base de hidroavións. Entre finais de 1942 e finais de 1943, os xaponeses tamén construirun un campo de aviación terrestre con tres pistas de aterraxe (4750, 4550, 4400), e numerosos edificios de apoio, incluíndo unha estación de radar. A illa foi fortificada con defensas costeiras e artillaría antiaérea. Entre mediados de 1943 e agosto de 1945, Mili foi bombardeada por avións da mariña dos Estados Unidos con base en portaavións e por buques de guerra. Os ataques aumentaron en frecuencia e gravidade a partir da caída de Majuro e Kwajalein en mans dos Estados Unidos. Dos 5.100 homes da gornición xaponesa (2600 da Armada Imperial Xaponesa e 2500 do Exército Imperial Xaponés) só a metade sobreviviron ata o final da guerra. Tras o final da segunda guerra mundial, Mili quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da independente República das Illas Marshall desde 1986.

Mili mantense chea de miles de reliquias segunda guerra mundial. A lei prohibe a subtracción destes elementos da illa. Sobre todo, o que queda son grandes sistemas de búnkers, sistemas ferroviarios, pezas antigas de artillaría e restos de aeronaves. Por exemplo un Zero xaponés e un bombardeiro B-25 Mitchell sentado a só varios pés baixo a auga. A terra está aínda cuberta de cráteres creados pola campaña de artillaría que durou 30 días para "preparar" a illa para a invasión aliada.

O motín do Globe editar

En 1823 o baleeiro Globe de Nantucket, Massachusetts, foi levado a Mili polos seus amotinados. Logo de matar ao capitán do barco e os seus tres oficiais, Samuel B. Comstock "Bloody Sam" ancorou o barco aquí. Poucos días logo de ancoraxe, Comstock foi asasinado polo seu compañeiro de motín Silas Payne. Seis dos tripulantes fuxiron na nave e nove homes quedaron abandonados na illa. O clipper Dolphin, rescatounos dous anos máis tarde, todos menos dous dos membros da tripulación fora asasinado polos insulares.

Ligazóns externas editar