Manihiki
Vista aérea de Manihiki
Datos
País Illas Cook
Illa principal Tokerau
Linguas
Poboación (2001) 515 hab.
Superficie 5,4 km²
Superficie lagoa 20 km²
Nº de illas 40
Coordenadas 10°24′S 161°00′O / -10.400, -161.000
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Manihiki, antes Humphrey, é un atol das Illas Cook setentrionais. Está situado a 1.160 km ao norte de Rarotonga. As súas coordenadas son 10º 24' S 161º 0' O.

Xeografía editar

O atol, de forma triangular, está formado por corenta illas que encerran unha lagoa profunda sen ningún paso navegable. Ademais, ten uns pequenos illotes no centro da lagoa. A superficie total é de 5,4 km².

O atol é famoso polas súas perlas negras, que se cultivan en gran cantidade, producindo grandes beneficios. Ademais, é un punto de atracción para os afeccionados ao mergullo e á pesca en mar a fóra.

O centro administrativo está en Tauhunu, e existe outra vila chamada Tukao. A poboación total era de 515 habitantes no censo do 2001.

Historia editar

Estímase que os polinesios establecéronse en Manihiki polo menos desde o ano 1500. Foi descuberto polos europeos o 1822 polo capitán estadounidense Patrickson que o denominou Humphrey Island. O nome tradicional era Tapuahua.

Os habitantes de Manihiki e Rakahanga vivían tradicionalmente alternando entre un atol e o outro, segundo as reservas alimentarias que tiñan en cada atol. A viaxe de 44 km de distancia entre ambos os atois, realizada con piraguas ás veces resultaba perigoso. O ano 1852 os misioneiros europeos convencéronos de que se dividisen entre os dous atois e puxeron fin a esta alternancia.