Maiana
Atol Maiana
Datos
País Kiribati
Illa principal Maiana
Linguas
Poboación (2010) 2.027 hab.
Superficie 15´1 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 14
Coordenadas 0°56′N 173°00′L / 0.933, -173.000
Maior Altura
Localización
Localización do atol Maiana

Maiana é un distrito de Kiribati e un atol ao norte das Illas Gilbert. Os lados norte e leste do atol son unha soa illa, mentres que o lado oeste consiste en arrecifes mergullados, e moitos illotes deshabitados, todos ao redor da lagoa. Todo isto rodea a unha lagoa no centro do atol, o cal ten 14 km de longo e é moi estreito, cunha anchura media de menos de 1 km e unha superficie total (incluíndo illotes deshabitados) de 16´72 quilómetros cadrados. Maiana atópase a 44 km ao sur da capital da illa de Tarawa Sur e ten unha poboación de 2.027 habitantes segundo o censo de 2010.

Xeografía editar

 
O atol Maiana pódese ver na parte inferior desta fotografía, coa formación máis grande do Atol Tarawa

A maioría das 2.027 persoas que viven en Maiana viven na illa principal, o pobo máis grande é Bubutei, no extremo sur da illa principal, que é o fogar de 489 persoas e case un cuarto (24%) da poboación total da illa. A poboación de Maiana é máis ou menos estable e ten ao redor de 2.000 persoas desde 1985.[1]

O cambio climático editar

Moitas partes de Maiana sofren a erosión costeira, sendo os pobos de Tekaranga e Tematantongo particularmente os máis afectados. A seca é a outra gran preocupación o fornecemento limitado de auga potable da illa provén enteiramente da auga doce superficial, que se converte en salgada preto da costa, especialmente durante os períodos de seca. Do mesmo xeito que todos os atois de Kiribati, Maiana corre un grave risco co aumento do nivel do mar, xa que ata os pequenos cambios no nivel do mar poden causar unha erosión acelerada e ameazar as infraestruturas, a agricultura e o abastecemento de auga.

Administración editar

 
Recinto do Consello Insular de Maiana, Kiribati.

Maiana é administrado por un Consello Insular radicado na aldea Temwangaua. A circunscrición de Maiana elixe a dous representantes na Casa da Asemblea na capital Tarawa Sur.

Desastre do transbordador de Maiana editar

O 13 de xullo de 2009, o buque Uean Te Raoi II, propiedade da Parroquia Católica de Maiana que viaxaba desde Teaorereke en Tarawa, zozobrou e afundiuse fronte a Maiana coa perda de 35 vidas.[2]

Notas editar

  1. "Maiana Island Report 2012". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  2. "Beacon could have saved 33 lives in Kiribati accident". NZ Herald. 15 July 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar