Atafu
Imaxe do atol
Datos
País Nova Zelandia
Illa principal Atafu
Linguas
Poboación (2016) 541 hab.
Superficie 2.5 km²
Superficie lagoa 15 km²
Nº de illas
Coordenadas 8°30′S 172°30′O / -8.500, -172.500
Maior Altura
Localización
Localización do atol de Atafu

Atafu, antes coñecido como Grupo do Duque de York, é un atol de coral pertencente a Tokelau, no sur do océano Pacífico. Cobre 2.5 km² e está habitado por 541 persoas (censo 2016, con todo só 413 estaban presentes na noite do censo), o principal asentamento do atol está na illa de Atafu, no recanto noroeste do atol, as outras illas maiores do grupo son Alofi e Fenualoa, aínda que en total son 42.
A principal actividade económica de Atafu é a pesca. Todos os habitantes pertencen á Igrexa Congregacional Cristiá de Samoa (presbiteriana) establecida en Atafu en 1858

Historia editar

É probable que os polinesios visitasen a illa antigamente, pero posiblemente non se instalaron alí. O descubrimento europeo do atol realizouno o 21 de xuño de 1765, John Byron, do HMS  Dolphin . Byron non atopou habitantes na illa nese momento, e chamou á illa "illa do Duque de York".[1] No século XIX asentouse unha familia procedente de Fakaofo Tonuia e a súa muller Lagimaina, xunto cos seus sete fillos fundaron Atafu dando orixe á actual poboación.[2]

Entre 1856 e 1979, Estados Unidos afirmou manter a soberanía sobre a illa e os outros atols de Tokelau. En 1979, os Estados Unidos admitiron que Tokelau estaba baixo soberanía de Nova Zelandia, e o Tratado de Tokehega estableceu un límite marítimo entre Tokelau e a Samoa Americana.

Notas editar

  1. *Quanchi, Max (2005). Historical Dictionary of the Discovery and Exploration of the Pacific Islands. The Scarecrow Press. ISBN 0810853957. 
  2. Ethnology of the Tokelau Islands, Gordon MacGregor, 1937

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar