Atentado de Berlín de 2016

O atentado de Berlín do 19 de decembro de 2016 foi un atropelo masivo ocorrido en plena Breitscheidplatz durante un mercado de Nadal en Berlín, a capital alemá. A organización terrorista Estado Islámico reivindicou a autoría do atentado a través de Amaq News Agency[4]. Un camión con remolque embestiu unha serie de postos ó longo de media rúa. Rexistráronse até o momento quince mortos e polo menos 50 feridos. Un sospeitoso de conducir o camión foi detido, mentres que o copiloto morreu durante o impacto do vehículo.

Atentado de Berlín de 2016
Esquema da traxectoria do camión.
LugarAlemaña Berlín, Alemaña
Coordenadas52°30′19″N 13°20′04″L / 52.505277777778, 13.334444444444Coordenadas: 52°30′19″N 13°20′04″L / 52.505277777778, 13.334444444444
Data19 de decembro de 2016
20:02 (CET)
Tipo de ataqueAtropelo de camión, secuestro, tiroteo, asasinato masivo
Arma(s)Camión Scania R 450 semi-trailer, arma de pequeno calibre e un coitelo
Mortos12 (1 pasaxaeiro, 11 peóns)[1]
Feridos56[2]
Sospeitoso(s)Anis Amri (morto)
(Estado Islámico)[3]
editar datos en Wikidata ]

A policía afirma que existe a posibilidade de que un camión o cal aparcou nunha beirarrúa puido ser conducido co propósito de atentar contra a vida de civís.

Vehículo editar

O vehículo implicado foi un camión articulado Scania de cor negra. O camión tiña as placas de matrícula de Polonia, e era propiedade da empresa de repartimento polonesa, Usługi Transportowe Ariel Żurawski, con sede en Gdańsk.[5]

O propietario do camión entrevistado pola televisión polonesa dixo que o condutor titular era o seu curmán, non un fanático ou un tolo. A compañía contactou co condutor entre as 15:00 e as 16:00, cando o condutor informou que chegara demasiado tarde ó destino de Berlín, e que pasaría alí a noite para descargar o camión á mañá seguinte.[6]

Notas editar

  1. BNO News, ed. (19 de decembro de 2016). "Truck crashes into Christmas Market in Berlin, at least 9 dead". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 2016-12-19. 
  2. "Truck runs into crowded Christmas market in Berlin; 9 dead, at least 50 injured | world-news". Hindustan Times. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  3. Perez, Chris. New York Post, ed. "ISIS claims responsibility for Berlin Christmas market attack". New York Post. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  4. http://www.faz.net/1.4585337
  5. "Suspected driver of lorry that ploughed into Berlin Christmas market arrested". 19 de decembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  6. Jamieson, Amber (19 de decembro de 2016). "Berlin truck crash: 'suspicious person' arrested after nine killed at Christmas market – live". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 19 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar