Ateneo Republicano de Galicia

O Ateneo Republicano de Galicia (ARGA) é unha asociación política fundada en 1998 na Coruña, que avoga pola implantación da III República en España. A actividade do ateneo concéntrase na promoción de debates, tertulias e exposicións que propaguen e difundan os valores éticos da tradición liberal republicana. Entre outras campañas, o Ateneo Republicano de Galicia dirixiuse ás consellerías de Cultura e Presidencia da Xunta de Galicia para solicitar que se redacte unha lei que regule a supresión dos símbolos franquistas de Galicia, e propuxo que o Centro da Memoria Histórica de Galicia situado na illa de San Simón, se movese a Ferrol.

Ateneo Republicano de Galicia
Tipoorganización política
Data de fundación1998
EnA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://www.ateneorepublicano.com/
editar datos en Wikidata ]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar