Atanarico, finou no 381[1] en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico,[2] foi un xuíz.[1] Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei[3] e caudillo dos tervingos;e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador.[4] O significado de Aþanareiks é "rei do ano" (aþni=ano e reiks=rei).

Infotaula de personaAtanarico

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento318 Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 381 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Xuíz dos Tervingi
365 – 376
← XebericoAlavivo → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , Xefe tribal Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaBaltingos Editar o valor em Wikidata
FillosAlarico I, Ataúlfo, Walia Editar o valor em Wikidata
PaiAorico Editar o valor em Wikidata
IrmánsRocestes Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Visigoths-74

O período do seu mando estivo marcado polas guerras contra romanos, hunos (ao se desprazaren estes cara ao leste) e as guerras internas contra o seu rival Fritixerno, polas persecucións que levou Atanarico contra os visigodos convertidos ao cristianismo, polo que os historiadores cristiáns de época posterior retratárono como unha persoa cruel.

Os visigodos do século VII considerárono o seu primeiro rei[5] e hoxe en día hai unha gran unanimidade sobre esta idea.[6] Sucedeuno Alavivo, trala división dos tervingos.[7]

Traxectoria editar

Atanarico sendo xuíz e caudillo dos tervingos, unha subdivisión orixinaria dos godos, tomou parte nas guerras civís dos romanos do século IV. Ao se producir a sublevación de Procopio contra o emperador Valente, Atanarico tomou partido a prol de Procopio a quen enviou un continxente de 3 000 guerreiros.[8] No 366, Valente derrotou e executou a Procopio, e durante o ano seguinte, coa axuda do seu sobriño o emperador romano occidental Graciano, cruzou o Danubio e marchou contra Atanarico e os tervingos. Este fuxiu cos seus súbditos cara ás montañas dos Cárpatos mais, finalmente, no 369 foi derrotado por Valente.

En medio do Danubio, como lugar neutral, asinaron unha paz que satisfizo a Valente (prohibía o paso do Danubio aos godos)[8] pero para se vingar del, Atanarico que era cristián ariano, o mesmo ano comezou unha xeira de persecucións contra aqueles godos que eran cristiáns, polo que acabou sendo rexeitado polos seus propios súbditos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Carbonero (1875), p. 109.
  2. Pampliega (1998), p. 28.
  3. Valverde Castro (2000), p. 22. "A súa posición preeminente sobre os outros xefes de banda é reflectida por Amiano Marcelino como iudex gentis ou iudex Theruingorum".
  4. Frassetto (2003), p. 44.
  5. Wolfram (2003), p. 64.
  6. Huete Fudio (1994), p. 8.
  7. Wolfram (2003), p. 72.
  8. 8,0 8,1 Alamán (1853), p. 342.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Xeberico
Xuíces dos tervingos
365-376
Sucesor:
Alavivo