Astrud Gilberto

cantante brasileira

Astrud Evangelina Weinert, coñecida como Astrud Gilberto, nada en Salvador o 29 de marzo de 1940 e finada o 5 de xuño de 2023 en Filadelfia, foi unha cantante brasileira de samba e bossa nova. Fíxose célebre na década de 1960 pola súa interpretación da canción "Garota de Ipanema".

Infotaula de personaAstrud Gilberto

(1966) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Astrud Evangelina Weinert Editar o valor em Wikidata
29 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Salvador, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 2023 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAstrud Gilberto (1964–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, canto, Bossa nova e Jazz Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónjazz singer (en) Traducir , música , compositora de cancións , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata - 2002 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoBossa nova, Brazilian jazz (en) Traducir e Samba Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua italiana, lingua portuguesa, lingua inglesa e portugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoVerve Records
CTI Records (en) Traducir
Polydor Records
Elenco (pt) Traducir
PolyGram
Universal Music Group Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJoão Gilberto (1960–1964), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosJoão Marcelo Gilberto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSofia Gilberto (pt) Traducir (neta (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webastrudgilberto.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0318287 MySpace: astrudgilberto Youtube: UCy7dG12ZRkZxwRDC_Qr8lqQ Souncloud: astrud-gilberto Spotify: 5rX2c1zow6hCph8PnnU3kF iTunes: 117128 Last fm: Astrud+Gilberto Musicbrainz: 8d08cabf-03a3-4f38-a815-8197a0984f19 Songkick: 507016 Discogs: 8699 Allmusic: mn0000931086 WikiTree: Weinert-275 Genius: Astrud-gilberto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Astrud Evangelina Weinert naceu en 1940, filla de nai brasileira e pai alemán no estado de Baía, aínda que creceu en Río de Xaneiro. Casou con João Gilberto en 1959 e en 1963 emigrou aos Estados Unidos. Divorciáronse a mediados dos sesenta e ela comezou unha relación coa súa parella musical Stan Getz, saxofonista de jazz.[1]

Cantou dúas cancións no influente disco de 1963 Getz/Gilberto, no que actuaban João Gilberto, Stan Getz e Antônio Carlos Jobim, a pesar de que nunca antes cantara profesionalmente, A versión de 1964 de "The Girl from Ipanema", extraída do álbum, omitiu a letra en portugués cantada por João Gilberto, e estableceu a Astrud Gilberto como cantante de bossa nova. Vendeu máis dun millón de copias e recibiu un disco de ouro.[2] En 1964, Gilberto apareceu nos filmes Get Yourself a College Girl e The Hanged Man. O seu primeiro álbum en solitario foi The Astrud Gilberto Album (1965). Logo de mudarse aos Estados Unidos, continuou a xira con Getz.[1] Tras comezar como cantante de bossa nova e estándares de jazz estadounidenses, Gilberto comezou a gravar as súas propias composicións na década de 1970. Gravou cancións en portugués, inglés, castelán, italiano, francés, alemán e xaponés.

En 1982, o fillo de Gilberto, Marcelo, uniuse ao grupo, facendo xiras con ela como baixista durante máis dunha década. Ademais, colaborou como coprodutor dos álbums Live in New York (1996) e Temperance (1997). O seu fillo Gregory Lasorsa tocou a guitarra no disco Temperance, na canción "Beautiful You", que incluía o cantante Michael Franks.

En 1996, contribuíu no álbum benéfico Red Hot + Rio producido por Red Hot Organization, coa canción "Desafinado" xunto con George Michael. Aínda que non se retiraba oficialmente, en 2002 anunciou que ía tomar un descanso por tempo indefinido das actuacións en público.

Gilberto foi unha ardente defensora dos dereitos dos animais.[3]

Legado editar

Gilberto recibiu o Latin Jazz USA Award for Lifetime Achievement en 1992, e foi incluída no International Latin Music Hall of Fame en 2002.

A súa gravación orixinal de "Fly Me to the Moon" foi editada como dúo usando outra gravación da mesma canción de Frank Sinatra para a banda sonora de Down with Love (2003). A súa canción "Who Can I Turn To?" foi sampleada por The Black Eyed Peas en "Like That" no álbum de 2005 Monkey Business. As súas voces en "Berimbau" foron sampleadas por Cut Chemist en "The Garden". A súa gravación de "Once I Loved" foi incluída no filme de 2007 Juno.

A canción "Astrud" de Basia Trzetrzelewska incluída no álbum de 1987 Time and Tide, é un tributo a Gilberto.

Discografía editar

Álbums editar

  • Stan Getz e Astrud Gilberto - Getz Au-Go-Go (Verve, 1964)
  • The Astrud Gilberto Album (Verve, 1964)
  • The Shadow of Your Smile (Verve, 1965)
  • Look to the Rainbow (Verve, 1965)
  • Beach Samba (Verve, 1966)
  • A Certain Smile, A Certain Sadness con Walter Wanderley (Verve, 1967)
  • Windy (Verve, 1968)
  • September 17, 1969 (Verve, 1969)
  • Gilberto Golden Japanese Album (Verve, 1969)
  • I Haven't Got Anything Better to Do (Verve, 1970)
  • Astrud Gilberto con Stanley Turrentine (CTI, 1971)
  • Astrud Gilberto Now (Perception, 1972)
  • That Girl From Ipanema (Audio Fidelity, 1977)
  • Astrud Gilberto Plus James Last Orchestra (Polygram, 1987)
  • Live in New York (Pony Canyon, 1996)
  • Temperance (Pony Canyon, 1997)
  • Jungle (Magya, 2002)
  • The Diva Series (Verve, 2003)
  • Astrud Gilberto (Rachelle Production, 2011)
  • Astrud Gilberto the bossanova queen (producciones AR, 2012)
  • Black Magic (STKM records, 2012)

Bandas sonoras editar

  • The Deadly Affair (Verve, 1965)

Outros discos con Astrud Gilberto editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Twomey, John. "The Troubled Genius of Stan Getz". jazzsight.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 24 de marzo de 2010. 
  2. Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2.ª ed.). Londres: Barrie and Jenkins Ltd. p. 175. ISBN 0-214-20512-6. 
  3. Gilberto, Astrud. "Astrud Gilberto- Animals, They Need Our Help". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2006. Consultado o 6 de abril de 2006. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar