Aston Martin DBS V12


O Aston Martin DBS V12 é un superdeportivo de altas prestacións deseñado e fabricado por Aston Martin. Dende o intre en que este modelo se presentou, pasou a ser unha icona da marca británica e moitos entendidos do mundo do motor afirman que aínda segue a ser a imaxe de Aston Martin. Malia ser oficialmente presentado no Pebble Beach Concours d'Elegance de 2007, este modelo Aston xa se dera a coñecer no ano 2006 no filme 007 Casino Royale.[1] Cando saíu á venda no 2008, a versión cupé de cambio manual tiña un prezo de 276 837 €, mentres que o modelo con cambio automático custaba 282 124 €. O coche construíase na fábrica de Gaydon (Inglaterra) e o motor na planta de Colonia (Alemaña). Ademais da versión cupé, tamén se creou a versión Volante (convertible) que roldaba os 295 000 €.[2]

Aston Martin DBS V12

Fabricante Aston Martin
País Reino Unido Reino Unido
Deseño Marek Reichman
Montaxe Gaydon, Warwickshire, UK
Período 20072012
Configuración
Segmento Segmento S
Plataforma VH Generation II
Carrozaría Cupé de 2 portas
Cabriolé de 2 portas
Cupé 2+2 de 2 portas
Configuración Motor central dianteiro, tracción traseira
Dimensións
Lonxitude 4722 mm
Anchura 2060 mm
Altura 1280 mm
Distancia eixes 2741 mm
Peso 1695 kg (cupé) e 1,810 kg
Características técnicas
Motor 5.9 L AM08 V12
Modelos relacionados
Antecesor Aston Martin Vanquish 1ª xeración
Sucesor Aston Martin Vanquish 2ª xeración

Notas editar

  1. "El nuevo Aston Martin de James Bond". autopista.es (en castelán). 17 de novembro de 2006. Consultado o 5 de maio de 2013. 
  2. "Aston Martin DBS". km77 (en castelán). 6 de agosto de 2009. Consultado o 5 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar