Assemblea Nacional Catalana

A Assemblea Nacional Catalana (en galego "Asemblea Nacional Catalá") ou ANC, tamén coñecida como Moviment per la Independència (en galego "Movemento pola Independencia"), é unha organización popular, unitaria, plural e democrática que ten como obxectivo recuperar a independencia política de Cataluña mediante a constitución dun Estado de dereito, democrático e social.

Bandeira estelada colgada no paseo de Gracia durante a manifestación da Diada de 2012.

Historia editar

O embrión da organización orixinouse durante a Conferència Nacional per l'Estat Propi (Conferencia Nacional polo Estado Propio) que se celebrou o 30 de abril de 2011 en Barcelona (Cataluña), á que asistiron 1.500 persoas. Nesa conferencia elixiuse o Consell permanent (Consello permanente) formado por Aureli Argemí, Enric I. Canela, Carles Castellanos, Josep Cruanyes, Josep Dalmau, Miquel Esquirol, Patrícia Gabancho, Julià de Jòdar, Joel Joan, Enric Larreula, Lluís Llach, Josep Maria Murià, Ferran Requejo, Francesc Ribera, Pep Riera, Blanca Serra, Eva Serra, Jordi Solé, Josep Maria Terricabras, Quim Torra, Ricard Torrents, entre outros; así como tamén o secretariado provisional, composto por Alfred Bosch, Miquel Strubell, Miquel Sellarès, Jaume Soler, entre outros[1][2]

A asemblea constituínte da ANC tivo lugar o 10 de marzo de 2012 no Palau Sant Jordi de Barcelona,[3][4] aprobándose os estatutos, o regulamento interno e a folla de ruta cara á independencia.[5]

Organizou a Manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa", que se celebrou na Diada de Cataluña de 2012 e á que asistiron 1,5 millóns de persoas. A súa presidenta, Carme Forcadell, dixo que «o 12 de setembro, o Goberno deberá empezar a traballar pola Independencia de Cataluña».[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar