Asociación Deportiva Esteirana

club de remo galego

A Asociación Deportiva Esteirana é un club de remo galego da localidade de Esteiro, Muros. Fundouse en 1988 no seo da SCRD Esteirana e compite na Liga Noroeste de Traíñas. Conta con máis de 300 socios e socias, remeiros e remeiras de tódalas categorías que compiten tanto nas modalidade de banco fixo como de banco móbil ou remo olímpico.

Asociación Deportiva Esteirana
Tipoclub de remo
DeporteRemo
Data de fundación1988
Localización
EnderezoAgrocovo, s/n
EnMuros
PaísGalicia
42°47′20″N 8°58′41″O / 42.788901111111, -8.9779888888889
Na rede
https://www.esteiranaremo.gal/
Facebook: Asociación-Deportiva-Esteirana-Remo-1056751291085507 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A historia da Asociación Deportiva Esteirana Remo comeza o 20 de agosto de 1988, nunha Asemblea extraordinaria de socios da Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Esteirana, na que se decide por unanimidade crear unha sección de remo.

Na tempada 1989 conta cun cadro de 18 remeiros e comeza a competir oficialmente na modalidade de batel. A tripulación infantil masculina consegue clasificarse para o Campionato Galego ese mesmo ano, e nos anos sucesivos o club sempre conseguiu ter representación nalgunha categoría no campionato autonómico.

O número de remeiros vai crecendo ano a ano, contando así con 23 na tempada 1990, e 27 na tempada 1991. Nesta tempada consegue por primeira vez clasificar unha tripulación para o Campionato de España de bateles, algo que tamén sucedería nas tempadas 1994, 1995, 1996, 1999, 2000 e 2001.

Tamén na tempada 1991, o club comeza a competir na modalidade de traíñas, aínda que o fará puntualmente (1992, 1993, 1994, 1995, 1999, 2002 e 2003).

En 1993 conta xa con 41 remeiros. Neste ano o club adquire unha traíña de madeira de segunda man e inicia a súa andaina nesta modalidade, a modalidade raíña dentro do banco fixo, estando dende ese momento presentes ininterrompidamente nas regatas que acollen as rías galegas, sendo na tempada 2003 a A.D. Esteirana Remo un dos clubs fundadores da Liga Galega de Traíñas.

Na tempada 1994 colleita o primeiro éxito nun Campionato de España de bateles. A tripulación infantil masculina, logo de acadar a clasificación para o campionato estatal tras clasificarse 3º no Campionato Galego, acada tamén un 3º posto e polo tanto medalla de bronce no Campionato de España.

Mais foi na tempada 1996 cando o club gaña a primeira medalla de ouro nun Campionato de España de bateis. Faino a tripulación infantil-cadete feminina que se proclama Campioa de España uns días despois de terse proclamado Campioas Galegas.

Un ano moi importante na historia do club foi 1997. Neste ano, en Asemblea de Socios da Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Esteirana, celebrada o 17 de agosto de 1997, decídese que a sección de remo (Esteirana Remo) teña os seus propios socios e ademais terá unha xestión económica e administrativa totalmente diferenciada da S. C. R. D. Esteirana, o que dá lugar na tempada 2002 á constitución da Asociación Deportiva Esteirana Remo, sen perder o vínculo cunha entidade como a Esteirana que agrupa no seu seo equipos federados de remo, fútbol e atletismo, promocionando o deporte e a cultura nas últimas tres décadas.

Outro motivo destacable de 1997 é que se comeza a competir en banco móbil ou remo olímpico, aínda que só o fai unha remeira do club, cedida no C.R. Robaleira (A Guarda), conseguindo este club o 2º posto no Campionato de España en catro scull(4x) cadete feminino. Non será ata a tempada seguinte cando se compita realmente como club. Os éxitos nesta modalidade chegan na tempada 2000, cando se sobe ao podio no Campionato de España por primeira vez, conseguíndose en dobre scull (2x) cadete feminino a medalla de prata. Na tempada seguinte chegaría o éxito máis importante nesta modalidade, o dobre scull (2x) cadete masculino consegue a medalla de ouro no Campionato de España, sendo na tempada 2002 o ano no que por primeira vez unha bogadora da Esteirana Remo participa en probas de ámbito internacional. Sendo na temporada 2003 cando consegue con Eva Val un 2º posto mundial formando parte da tripulación 4xXF da FER.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar