Asociación Atlética Gaélica

A Asociación Atlética Gaélica (en inglés Gaelic Athletic Association (GAA); en irlandés Cumann Luthchleas Gael) é unha asociación deportiva e cultural irlandesa. Esta asociación fomenta e organiza competicións deportivas de deportes de tradición irlandesa, principalmente o hurling e o fútbol gaélico, en categorías masculina e feminina.[1]

A GAA promove, amais, a música e as danzas tradicionais de Irlanda, así como a lingua irlandesa.

Historia editar

Fundada en 1884, a GAA é actualmente a principal asociación deportiva de Irlanda. Posúe regras estritas acerca da condición de afeccionados dos xogadores. A categoría máis alta de competición é a All-Ireland Final, disputada entre os condados de Irlanda. Tanto o hurling coma o fútbol gaélico, principais deportes da asociación, son moi antigos. As primeiras referencias escritas do hurling datan do século V. Pola súa parte, crese que o fútbol gaélico provén do caid, o antigo fútbol irlandés, que se remonta ao 1537, aínda que o regulamento moderno data de 1887.

Deportes editar

A GAA regula, en total, os seguintes deportes:

  • O hurling (Iománaíocht ou Iomáint), practicado exclusivamente por homes.
  • O fútbol gaélico (Peil Ghaelach, Peil ou Caid).
  • O camogie (Camógaíocht), similar ao hurling mais practicado por mulleres.
  • A pelota irlandesa (Liathróid láimhe), no que se golpea unha pelota contra un frontón, de xeito similar á eusko pilota en Euskal Herria ou á pilota valenciana no País Valencià.
  • O rounders (cluiche corr), que consiste en golpear unha bóla pequena e dura forrada de coiro cun bate de madeira, plástico ou metal arredondado no extremo. É o antecedente do béisbol moderno.

Notas editar

  1. http://www.gaa.ie Páxina oficial da Asociación Atlética Gaélica (en inglés)

Ver tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar