Ashraf Khan (morto en 1729) foi un gobernante da dinastía Hotaki, paxto da tribo ghilzai, accedeu ó trono de Persia en 1725 despois da morte de seu tío Mir Mahmud Hotaki. Baixo o seu reinado o poder dos Hotaki declinou baixo a presión dos otománs, os rusos e as forzas persas.

Ashraf Khan
Nacemento1700
Lugar de nacementoKandahar
Falecemento1730
Lugar de falecementoBeluchistán
Causarexicidio
SoterradoPersépole
NacionalidadeImpério Hotaki
EtniaPobo paxto
RelixiónIslam e Sunnismo
Ocupaciónpolítico
PaiAbul Azize Hotaki
editar datos en Wikidata ]

Ashraf resistiu o ataque dos rusos e os otománs. Derrotou os otománs nunha batalla preto de Kermanshah o que conduciu ó establecemento de negociacións coa Sublime Porta que se cancelaron pola insistencia dos representantes de Ashraf en que este debía ser recoñecido califa do leste mentres o sultán seríao do oeste. A pesar da irritación dos otománs asinouse un tratado de paz en setembro de 1727 en Hamadan.

En setembro de 1729 as forzas do rebelde Nadir Qoli Beg, coñecido máis tarde como Nadir Shah, derrotaron a Ashraf Khan na batalla de Damghan, na retirada dos afgáns morreu Ashraf Khan a mans dos baluchis. A súa morte supuxo o final da dinastía Hotaki.