Asghar Farhadi, en persa: اصغر فرهادی , [æsɣæɾ fæɾhɒːdiː], nado en Khomeyni Shahr o 7 de maio de 1972 é un director de cinema e guionista iraniano. Recibiu diversos recoñecemtos, entre eles un Globo de Ouro e dous premios Óscar polos seus filmes Jodaí-e Nadér az Simín[1] e Forušande; ademais, en 2012 foi incluído dentro da listaxe das 100 persoas máis influentes do mundo segundo a revista Time.[2][3]

Infotaula de personaAsghar Farhadi

(2018) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fa) اصغر فرهادی Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Provincia de Esfahan Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam, Xiísmo e Xiismo duodecimano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónTarbiat Modares University (en) Traducir
Universidade de Teerã (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónrealizador , guionista , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua persa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeParisa Bakhtavar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSarina Farhadi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1410815 Allocine: 104291 Allmovie: p306351 TCM: 917855
Instagram: asgharfarhadiofficial Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Asghar Farhadi graduouse en teatro, cun BA en Artes Dramáticas e un mestrado en Dirección na Universidade de Teherán e na Universidade Tarbiat Modarrés. Realizou curtametraxes en 8 e 16 milímetros na filial da Sociedade Iraniana de Novos Cineastas en Isfahán, antes de realizar obras e guións para IRIB (a radiotelevisión estatal iraniana). Tamén dirixiu series de televisión como Dastan-e yek shahr e coescribiu o guión de Ertefa-e past, dirixida por Ebrahim Hatamikia.

Raghs dar ghobar foi o seu debut como cineasta, ao que seguiu o aclamado Shahr-e ziba .[4] O seu terceiro filme, Chaharshanbe Suri, gañou o premio Hugo de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Chicago do 2006. A súa cuarta película, Dar bāre-ye Elly gañou o Oso de Prata ao mellor director no quincuaxésimo noveno Festival Internacional de Cinema de Berlín, ademais do premio á mellor fotografía no Festival de Cinema de Tribeca.

Filmografía editar

Ano Filme
Título en inglés
Acreditado como Notas
Director Produtor Guionista
2002 Ertefa'e Past
Low Heights
  Non   Non   Si Coescrito con Ebrahim Hatamikia
2003 Raghs dar ghobar
Dancing in the Dust
  Si   Non   Si Coescrito con Alireza Bazrafshan e Mohammad Reza Fazeli
2004 Shahr-e Ziba
The Beautiful City
  Si   Non   Si
2006 Chaharshanbe Suri
Fireworks Wednesday
  Si   Non   Si Coescrito con Mani Haghighi
2007 Canaan   Non   Non   Si Coescrito con Mani Haghighi
2008 Dayere Zangi
Tambourine
  Non   Non   Si
2009 Mohakeme dar khiaban
Trial on the Street
  Non   Non   Si Coescrito con Masoud Kimiai
2009 Dar bāre-ye Elly
About Elly
  Si   Si   Si
2011 Jodaí-e Nadér az Simín
A Separation
  Si   Si   Si A Separation foi o primeiro filme iraniano que gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Ademais foi candidato ao oscar ao mellor guión orixinal.
2013 Le Passé
The Past
  Si   Non   Si
2016 Forušande
The Salesman
  Si   Si   Si The Salesman gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2017. Porén, Farhadi non asistiu á 89ª edición dos Oscar en protesta pola orde executiva 13769 dos Estados Unidos.
2018 Todos lo saben
Everybody Knows
  Si   Non   Si Protagonizada por Penélope Cruz, Javier Bardem e Ricardo Darín.
2021 Ghahreman
A Hero
  Si   Si   Si

Notas editar

  1. The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "The 84th Academy Awards (2012) Nominees and Winners". 
  2. Los Angeles Times (ed.). "Golden Globes: 'A Separation' wins best foreign language film". 
  3. Corliss, Richard. Time, ed. "Time 100: The list. Asghar Farhadi". 
  4. "neshane.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 02 de novembro de 2017.