Asemblea de Madrid

A Asemblea de Madrid (en castelán: Asamblea de Madrid) é o parlamento autonómico da Comunidade de Madrid. Representa os habitantes da rexión exercendo a potestade lexislativa. Aproba os orzamentos do goberno rexional e controla e impulsa a acción política e de Goberno. Os deputados que forman a Asemblea de Madrid son elixidos por un prazo de catro anos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e segredo. O edificio da Asemblea de Madrid, inaugurado en 1998, está situado na praza Asemblea de Madrid, 1, no distrito de Puente de Vallecas, en Madrid.

Asemblea de Madrid.

Composición editar

A Asemblea de Madrid componse dos seguintes grupos parlamentarios:

Partidos políticos na Asemblea de Madrid durante a X Lexislatura

  Nome Candidato Escanos
  Partido Popular Cristina Cifuentes 48
  Partido Socialista Obrero Español Ángel Gabilondo 37
  Podemos José Manuel López 27
Cidadáns - Partido da Cidadanía Ignacio Aguado 17

Presidentes editar

A actual presidenta da Asemblea de Madrid na X Lexislatura é Paloma Adrados, do Partido Popular tralas eleccións de 2015.

Lista de Presidentes da Asemblea de Madrid

Nome Partido Ano inicio Ano fin
Ramón Espinar Gallego PSOE 1983 1987
Rosa María Posada Chapado CDS 1987 1991
Pedro Díez Olazábal IU 1991 1995
Juan Van-Halen Acedo PP 1995 1999
Jesús Pedroche Nieto PP 1999 2003
Concepción Dancausa Treviño PP 2003 2007
Elvira Rodríguez PP 2007 2011
José Ignacio Echeverría PP 2011 2015
Paloma Adrados PP 2015

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar