Asemblea de Estremadura

A Asemblea de Estremadura (en castelán Asamblea de Extremadura) é a institución de autogoberno da Comunidade Autónoma de Estremadura, que representa o pobo estremeño a través de deputados (a día de hoxe 65, 36 pola provincia de Badaxoz e 29 pola de Cáceres) elixidos mediante sufraxio universal e directo polos cidadáns.

Antigo Hospital de San Juan de Dios (Mérida).

A competencia de convocar eleccións á Asemblea de Estremadura recae sobre o presidente da Xunta. A constitución formal da Asemblea realizouse na sesión solemne do 21 de maio de 1983 na casa de cultura emeritense onde por primeira vez sesenta e cinco deputados escolleitos democraticamente polo pobo estremeño tomaron posesión dos seus escanos.

Ten a súa sede no antigo Hospital de San Juan de Dios, en Mérida, a capital de Estremadura. O seu actual presidente é Fernando Jesús Manzano Pedrera.

Funcións editar

Segundo o artigo 19 do Estatuto de Autonomía de Estremadura, as funcións da cámara son as seguientes:

Sede editar

O Hospital de San Juan de Dios, anteriormente chamado Hospital de Santa María, foi utilizado nos seus principios como "hospital de pobres". Bernabé Moreno de Vargas, historiador e edil emeritense, a mediados do século XVII, solicitoulle aos Irmáns de San Juan de Dios que se instalaran nel co fin de lograr un mellor coidado e dedicación para os enfermos e pobres que chegaban á cidade. Durante o século XVIII e até 1769, o edificio modificouse ampliándose grazas ás doazóns dos cidadáns e coa construción dunha capela.

Durante os primeiros anos do século XIX, a invasión das tropas napoleónicas trouxo como consecuencia para o edificio o saqueo e incendio do mesmo até ficar case destruído. Non foi até principios do século XX cando o Concello de Mérida lle solicitou ao Ministerio de Fomento unha partida orzamentaria específica que permitiu o acondicionamento do edificio e a dotación de médicos ao hospital, que continuou coa súa actividade sanitaria até o ano 1981, cando se procedeu á apertura do actual centro hospitalario.

No ano 1983, Estremadura naceu como autonomía e con ela a necesidade de encontrar localización para albergar os novos organismos estremeños. Foi entón cando se decidiu que a localización da sede lexislativa da rexión sería o Hospital de San Xoán de Deus coas correspondentes remodelacións pero respectando en todo momento a súa arquitectura.

Composición da Asemblea editar

O Parlamento de Estremadura está conformado por diversos órganos. Por un lado están as persoas que compoñen a Mesa da Asemblea: o presidente, os vicepresidentes e os secretarios; e por outro os deputados dos diferentes partidos políticos, que se organizan en grupos parlamentarios e que posúe cada un deles un portavoz. Así mesmo existen comisións de moi diferente índole co fin de tratar asuntos concretos.

Desde as eleccións do 22 de maio de 2011, a Asemblea está composta polos seguintes Grupos Parlamentarios:

Lista de Presidentes da Asemblea editar

  Lista de Presidentes da Asemblea de Estremadura  
Período Presidente Lexislatura
Nome Partido
1983 Pablo Castellano PSOE I Lexislatura
1983-1987 Antonio Vázquez López PSOE I Lexislatura
1987-1991 Antonio Vázquez López PSOE II Lexislatura
1991-1995 Antonio Vázquez López PSOE III Lexislatura
1995-1997 María Teresa Rejas Rodríguez IU IV Lexislatura
1997-1999 Manuel Veiga López PSOE IV Lexislatura
1999-2003 Manuel Veiga López PSOE V Lexislatura
2003-2007 Federico Suárez Hurtado PSOE VI Lexislatura
2007-2011 Juan Ramón Ferreira Díaz PSOE VII Lexislatura
2011- Fernando Jesús Manzano Pedrera PP VIII Lexislatura
Fonte: Asemblea de Estremadura

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar