Ascophyllum nodosum

especie de alga

Ascophyllum nodosum é unha ouca parda (Phaeophyceae) común de gran tamaño da familia Fucaceae, sendo a única especie do xénero Ascophyllum. É un argazo do océano Atlántico, semellante aos Fucus, que adoita recibir o nome común de boche[1] polas bochas dos seus talos. É común na beiramar da Europa atlántica (dende Svalbard até Portugal) incluíndo o leste de Groenlandia[2] e a costa nordés de América do Norte.[3] Moi común nas costas galegas.

Buche bravo (Ascophyllum nodosum)
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Phaeophyceae
Orde: Fucales
Familia: Fucaceae
Xénero: Ascophyllum
Stackhouse, 1809
Especie: A. nodosum
Nome binomial
'Ascophyllum nodosum'
(L.) Le Jolis
Distribución
Distribución

Distribución

Descrición editar

Ascophyllum nodosum ten unhas longas frondes de cor verde oliva formada por fitas coriáceas fixadas ao substrato (normalmente as rochas) por unha especie de discos (gabiáns), dos que parte unha fronde arredondada os primeiros centímetros e chá despois, sen nervio central, que se ramifica dicotomicamente e coa marxe serrada. O talo, vaise, por espazos regulares, alargando para formar unhas saquetas aéreas elípticas con forma de ovo cheas de ar, que se producen anualmente. As pólas laterais, normalmente máis magras, portan corpos reprodutores, amarelos dourados os masculinos e amarelos oliva os femininos. As frondes poden acadar os 2 m de longo.[4]

Variedades e formas editar

Téñense descrito diferentes variedades e formas desta especie.

Existen variedades desta especie que flotan libres coma Ascophyllum nodosum mackaii Cotón, que se atopa en lugares moi abeirados, coma nos lochs mariños (semellante ás rías) de Escocia e Irlanda.[6][7]

Ecoloxía e hábitat editar

Ascophyllum nodosum atópase principalmente en locais abeirados e calmos, na beiramar intermareal, preferentemente fixado ás rochas. Acostuma ser unha especie dominante nestes locais litorais.[8][9]

A especie atópase nun grande abano de espazos costeiros, dende esteiros abeirados (moitas veces na desembocadura dos ríos, e no fondo das rías) até costas medianamente expostas, a miúdo domina a zona intermareal. É raro atopar este argazo en costas moi abertas, e se se atopa, son só pequenas frondes rachadas.

É unha ouca que medra amodo, 0,5% por día; uns 40 Kg de peso húmido por metro cadrado e pode vivir uns 10-15 anos. Moitas veces ten a mesma distribución que as outras oucas con bochas chamadas tamén botellas Fucus vesiculosus e Fucus serratus. A súa distribución vén limitada pola salinidade, as ondas, a temperatura, o desecamento e o estrés en xeral. Lévalle uns 5 anos chegar á madureza fértil.

Os florotaninos do Ascophyllum nodosum actúan coma unha defensa química contra o caracol mariño herbívoro, Littorina littorea.[10]

Vertebrata lanosa (L.) T.A. Christensen é unha alga vermella miúda, que adoita medrar en matas mestas de Ascophyllum cuxos rizoides penetran no hóspede.[11] Algúns considérano un parasito, porén do Ascophyllum só obtén un soporte estrutural, actuando logo coma un epífito.

Distribución editar

Principalmente aparece nas costas de Europa dende: as Illas Faroe,[12] Noruega,[13] Irlanda, Gran Bretaña e Illa de Man,[14] Países Baixos,[15] Galicia, costa cantábrica e Norte de Portugal. En América do Norte aparece na Baía de Fundy, Nova Escocia, Illa de Baffin, estreito de Hudson, península do Labrador e Terra Nova.[2][3] Accidentalmente apareceu na baía de San Francisco, California, onde foi erradicado por se considerar especia invasora.[16]

Usos editar

Ascophyllum nodosum apáñase polo contido en ácido alxínico, coma fertilizante e para a manufactura de alimentos a base de algas para animais e humanos.[17] Dende hai séculos empregouse xunto a outras oucas pardas coma as botellas coma fertilizantes e adubos convencionais e orgánicos para diferentes cultivos grazas á súa combinación de macronutrientes, (ex. N, P, K, Ca, Mg, S) e micronutrientes (ex. Mn, Cu, Fe, Zn etc.). Ademais contén citoquininas, auxinas-coma xiberelinas, betaínas, manitol, ácidos orgánicos, polisacáridos, aminoácidos e proteínas que son moi beneficiosas e amplamente empregadas na agricultura.[18] En Galicia apañábase coma argazo en moitos lugares para fertilizar as leiras. Hoxe existen fertilizantes comerciais, a maioría líquidos que conteñen extractos desta ouca, moitos deles de uso foliar, que actúan coma bioestimulantes de distintos cultivos, tanto a nivel profesional coma en xardinaxe.[Cómpre referencia]

Irlanda, Escocia e Noruega son os principais fornecedores de alxinato do mundo.[19][20]

O buche bravo (Ascophyllum nodosum) adóitase empaquetar para iscas de lagostas dende Nova Inglaterra a diferentes lugares.

Usos toxicolóxicos editar

Por mor das distintas idades que poden ter as diferentes partes da planta, o A. nodosum tense usado para controlar a cantidade de metais pesados nas augas. Informouse dun factor de bioconcentración para o zinc da orde 10/4.[21][22]

Química editar

A. nodosum contén florotaninos coma o tetrafloretol C e tetrafucol A.[23]

Controversia na recolección editar

Existe unha controversia sobre os impactos de apañar comercialmente o buche bravo (Ascophyllum nodosum) para uso coma fertilizante ou penso animal tanto en América do Norte coma en Europa. Algúns estudos falan do impactos das comunidades intermareais.[24] Algúns científicos argumentan que apañar Ascophyllum de xeito industrial fai que desapareza un hábitat de gran valor ambiental para unhas 100 especies mariñas,[25] incluíndo invertebrados bénticos, [26] peixes de importancia comercial,[27] wild ducks,[28] shorebirds,[29] e aves mariñas.[30] Os donos das terras costeiras de Maine, nos Estados Unidos, limitaron as extracción de Ascophyllum no seu territorio.[31][32] Rockweed harvesters point to the value of the seasonal jobs created by the harvest operation.[33]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boche., aínda que tamén se representou como buche "Buche" en Corpus lexicográfico da lingua galega
  2. 2,0 2,1 M. D. Guiry & Wendy Guiry (2006-11-23). "Ascophyllum nodosum (Linnaeus) Le Jolis". AlgaeBase. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2019. Consultado o 07 de maio de 2014. 
  3. 3,0 3,1 W. R. Taylor (1962). Marine Algae of the Northeastern Coast of North America. Ann Arbor, University of Michigan Press. ISBN 0-472-04904-6. 
  4. S. Hiscock (1979). "A field key to the British brown seaweeds (Heterokontophyta)". Field Studies 5: 1–44. 
  5. M. J. Lynn (1949). "A rare alga from Larne Lough". Irish Naturalists' Journal 9: 301–304. 
  6. D. C. Gibb (1957). "The free-living forms of Ascophyllum nodosum (L.) Le Jol". Journal of Ecology (British Ecological Society) 45 (1): 49–83. JSTOR 2257076. doi:10.2307/2257076. 
  7. O. Morton (2003). "The marine macroalgae of County Donegal, Ireland". Bulletin of the Irish Biogeographical Society 27: 3–164. 
  8. O. Morton (1994). Marine Algae of Northern Ireland. Ulster Museum, Belfast. ISBN 0-900761-28-8. 
  9. J. R. Lewis (1964). The Ecology of Rocky Shores. English Universities Press, London. 
  10. Polyphenols in brown algae Fucus vesiculosus and Ascophyllum nodosum: Chemical defenses against the marine herbivorous snail, Littorina littorea. J. A. Geiselman and O. J. McConnell, Journal Of Chemical Ecology,1981, Volume 7, Number 6, pages 1115-1133, doi 10.1007/BF00987632
  11. C. A. Maggs (1993). Seaweeds of the British Isles. Vol. I: Rhodophyta. Part 3A. Natural History Museum, London. ISBN 0-11-310045-0. 
  12. F. Børgesen (1903). Botany of the Færöes Part II, pp. 339-532. Det nordiske Forlag Ernst Bojesen, Copenhagen. 
  13. F. E. Round (1981). The Ecology of Algae. Cambridge University Press Cambridge. ISBN 0-521-22583-3. 
  14. F. G. Hardy & M. D. Guiry (2006). A Check-list and Atlas of the Seaweeds of Britain and Ireland. British Phycological Society, London. ISBN 3-906166-35-X. 
  15. H. Stegenga, I. Mol, W. F. Prud'homme van Reine & G. M. Lokhorst (1997). "Checklist of the marine algae of the Netherlands". Gorteria. supplement 4: 3–57. 
  16. A. W. Miller, A. L. Chang, N. Cosentino-Manning & G. M. Ruiz (2004). "A new record and eradication of the north Atlantic alga Ascophyllum nodosum (Phaeophyceae) from San Francisco Bay, California, USA". Journal of Phycology 40 (6): 1028–1031. doi:10.1111/j.1529-8817.2004.04081.x. 
  17. http://www.fao.org/docrep/005/ac860e/ac860e02.htm
  18. J. Norrie & D. A. Hiltz (1999). "Seaweed Extract Research and Applications in Agriculture". Agro food Industry hi-tech. 
  19. L. G. Lewis, N. F. Stanley & G. G. Guist (1988). "Commercial production and applications of algal hydrocolloides". En C. A. Lembi & J. R. Waaland. Algae and Human Affairs. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-32115-8. 
  20. M. D. Guiry & D. J. Garbary (1991). "Geographical and Taxonomic guide to European Seaweeds of Economic Importance". En M. D. Guiry & Blunden. Seaweed Resources in Europe: Uses and Potential. John Wiley & Sons, England. ISBN 0-471-92947-6. 
  21. Seip,K.L. 1979. A mathematical model for the uptake of heavy metals in benthic algae. Ecological modelling 6: 183-197
  22. Melhus, A.,KL Seip, HM Seip and S. Myklestad. 1978. A preliminary study of the use of benthic algae as biological indicators of heavy metal pollution in Sørfjorden, Norway. Environ. pollut (15):101107
  23. Effects of phlorotannins from Ascophyllum nodosum (brown seaweed) on in vitro ruminal digestion of mixed forage or barley grain. Y. Wang, Z. Xu, S.J. Bach and T.A. McAllister, Animal Feed Science and Technology, 14 August 2008, Volume 145, Issues 1–4, Pages 375–395, doi 10.1016/j.anifeedsci.2007.03.013
  24. T. Trott & P.F. Larsen (2008) Evaluation of short-term changes in rockweed (Ascophyllum nodosum) and associated epifaunal communities following cutter rake harvesting in Maine. http://www.maine.gov/dmr/rm/rockweed/cobsbay/trottlarsenrpt.pdf Arquivado 13 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Maine Department of Marine Resources Retrieved 2011-07-13
  25. "Six plans approved for Cobscook Bay rockweed harvest". The Quoddy Tides. March 25, 2011. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2011. Consultado o 2011-03-23. 
  26. P. Larsen (2010). "The Macroinvertebrate Fauna of Rockweed (Ascophyllum nodosum)–Dominated Low-Energy Rocky Shores of the Northern Gulf of Maine". Journal of Coastal Research. doi:10.2112/JCOASTRES-D-10-00004.1. 
  27. "Gulf of Maine Rockweed Conference Notes". Consultado o 2011-03-23. 
  28. B. M. Blinnabd, A. W. Diamonda, D. J. Hamiltonac (2008). "Factors Affecting Selection of Brood-rearing Habitat by Common Eiders (Somateria mollissima) in the Bay of Fundy, New Brunswick, Canada". Waterbirds. 31(4): 520–529. doi:10.1675/1524-4695-31.4.520. 
  29. L. Tudor (2000). "Migratory Shorebird Assessment" (PDF). Maine Department of Inland Fisheries and Wildlife. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  30. "Life Within the Rockweed". The Quoddy Tides. September 22, 2000. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2009. Consultado o 2011-03-24. 
  31. "Rockweed harvest in question this year". Bangor Daily News. June 29, 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 2011-03-24. 
  32. "The Rockweed Coalition, Maps". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 2011-03-24. 
  33. Acadian Seaplants Limited. "2011 Rockweed Harvest Plan for Cobscook Bay, Maine" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2012. Consultado o 2011-03-23. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar