Asclepíades de Mirlea

Asclepíades de Mirlea foi un gramático, historiador e astrónomo grego nado en Mirlea (Bitinia) e que viviu nos ss. -II a -I. Era fillo de Diótimo e discípulo de Apolonio de Rodas. En tempos de Pompeio o Grande ensinaba gramática en Roma. Viviu unha tempada na Península Ibérica.

Infotaula de personaAsclepíades de Mirlea
Biografía
Nacementoséculo II a. C. Editar o valor em Wikidata
Apamea Myrlea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morteséculo I a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I a. C. Editar o valor em Wikidata)
ProfesoresCrates of Mallus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Só se conservan fragmentos do que ao parecer foi unha extensa obra en grego.

Como gramático escribiu varios tratados sobre gramática e gramáticos, tratados exexéticos sobre Homero e unha monografía sobre a Copa de Néstor.

Como astrónomo escribiu varias obras (hoxe perdidas) sobre Arato, Teócrito, e unha monografía sobre as Pléiades.

Segundo Estrabón residiu unha tempada en Hispania e deixou unha relación das súas tribos que utilizou o xeógrafo grego. É mencionado tamén como autor dunha Historia de Bitinia, de polo menos 10 libros. Xeralmente é considerado autor dunha historia de Alexandre Magno mencionada por Flavio Arriano. Como Suídas o sitúa cen anos antes, supúxose que podían existir dous Asclepíades de Mirlea, un sería o avó, e o outro, o fillo ou o neto. Ateneo de Naucratis cre que Asclepíades, un escritor grego, fillo de Areo, que escribiu unha obra sobre Demetrio de Falero, podería ser o mesmo personaxe.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar