As dez pragas de Exipto

As dez pragas de Exipto (מכות מצרים ou Makot Mitzrayim) tamén coñecidas coma "As dez pragas" ou "As pragas bíblicas" son unha serie de desgrazas coas que, segundo o Antigo Testamento e a Torá, Deus castigou ós exipcios para que o faraón deixara marchar ós hebreos de Exipto.

Augaforte ilustrando a primeira praga (1775-1779)

A narración aparece no segundo libro do Antigo Testamento e da Torá, o Éxodo (en hebreo, Shemot). Este libro narra como Moisés e Aarón advirten ó faraón que, se non libera ó seu pobo, Deus castigaríaos con dez grandes pragas que caerían sobre Exipto. De acordo co relato, só despois dos grandes sufrimentos, o faraón autorizounos a abandonar Exipto.

Clasificación das pragas editar

Pódense dividir estas pragas segundo quen as padeceu:

Pragas sufridas por israelitas e exipcios editar

  • Aarón estende a súa man sobre as augas de Exipto e as ras cubriron a terra de Exipto.
  • Aarón golpea co caxato a terra e todo o po do país convértese en piollos.

Pragas sufridas exclusivamente polos exipcios editar

  • Aarón golpea coa vara o río Nilo e converte a auga en sangue.
  • Toda clase de insectos invade o país.
  • Cae unha terrible peste sobre o gando dos exipcios.
  • Aarón recolle cinza dun forno e Moisés espárcea cara ao ceo diante do faraón, causando úlceras ós exipcios.
  • Cae do ceo unha gran treboada de sarabia e lume.
  • As lagostas arrasan os cultivos dos exipcios.
  • As tebras cobren o ceo de Exipto durante tres días.
  • Morte dos primoxénitos de todos os exipcios e tamén dos do gando. Os hebreos identificáronse sacrificando un año dun ano de idade e marcando a porta das súas casas co seu sangue, para que a praga non os atacara pola noite.